A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, subiu á tribuna para defender a emenda á totalidade presentada polo BNG ao proxecto de lei de Pesca Marítima do estado.
Davila comezou a súa intervención salientando que unha das razóns polas que pedimos a devolución deste proxecto de lei é porque mantén a definición de Pesca Marítima que limita as competencias das CC.AA, por tratarse dunha lei centralista. Afirmou que asistimos a unha auténtica cruzada contras as competencias que intentan desenvolver as diferentes Comunidades Autónomas.
Redundando nesta idea, Davila censurou un concepto de pesca marítima tan restrictivo, xa que na Constitución se di que o estado será quen marque os criterios básicos da actividade, sen necesidade de desenvolvelos, xa que de facelo quedarán valdeiras de contido as competencias das CC.AA.
A parlamentar do BNG destacou varios aspeitos do proxecto de lei criticábeis. Así, argumentou que a distribución dos recursos pesqueiros debe ser un ben común a repartir entre o conxunto de pescadores, blindando a posibilidade de que poida rematar nunhas poucas máns. O dereito de pesca, do marisqueo e da acuicultura debe residir nos pescadores.
Criticou a constitución dun Rexistro Xeral da Frota Pesqueira, existindo diferentes rexistros nas CC.AA, o que supón voltar a centralizar e burocratizar a inscripción das embarcacións. Afirmou tamén que a construcción, modernización e reconversión de buques pesqueiros é unha competencia das CC.AA que debe ir en relación coa actividade desenvolvida. Subliñou que as medidas de diversificación pesqueira están enfocadas fundamentalmente a medidas de turismo, cuxa competencia é das CC.AA.
En canto ao réxime sancionador e de infracción, realízase unha copia da lexislación das propias Comunidades Autónomas, tratando de regular até o mínimo detalle.
Rematou sinalando que estamos ante un proxecto de lei que parte de una óptica centralista. O goberno está a lexislar para limitar as competencis das CC.AA mentras entrega as súas á UE.