Davila insta ao Goberno a cumprir as sentenzas xudiciais e a devolver a paga extra aos funcionari@s

DSC_0671A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, insta ao Goberno nunha iniciativa rexistrada na Cámara Baixa a cumprir coas distintas sentenzas e fallos como o do Tribunal Supremo e devoltar a paga extra de Nadal de 2012 aos empregados públicos.

Ante o fallo do Tribunal Supremo que considera que existen dúbidas razonábeis respeito á inconstitucionalidade da supresión da paga extraordinaria de decembro de 2012 para os traballadores públicos, ao estimar que puido vulnerar a prohibición de retroactividade das leis.

Lembran que tanto esa paga como outro tipo de retribucións extraordinarias “constitúen unha contraprestación dun traballo xa realizado anteriormente”. Na mesma liña, pón de manifeste que o Tribunal Supremo resalta que o artigo 9.3 da Constitución “garante a irretroactividade das disposicións sancionadoras non favorábeis ou restrictivas de dereitos individuais”. Polo tanto, a supresión da paga extra só podía afectar aos dereitos sobre a mesma que se xerasen a partir da entrada en vigor da medida pero nunca antes.

Destaca tamén a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza

Unha sentenza, puntualiza Davila que se une a outras dictadas por Tribunais Contenciosos-Administrativos ou autonómicos. Destaca especialmente o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza que en novembro pasado resolviu que o Estado debe devolver a parte proporcional xa devengada da paga extra de Nadal a un funcionario do Ministerio de Seguridade Social.

Por iso formula unha serie de preguntas ao Goberno para emprazalo a actuar con previsión e a adoptar unha solución antes de que se poida dar o fallo do Tribunal Constitucional. “Vai o Goberno a tomar nota do fallo do Tribunal Supremo e a devolver a paga extra aos traballadores públicos? Vai tomar nota doutras sentenzas como a do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza?”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG