Davila demanda a Tejerina que se implique na defensa na UE das artes de pesca artesanal galega

OLAIA PLENO DE PE 2A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha proposición non de lei e unha pregunta parlamentar na Cámara na que insta ao Goberno a presentar alegacións ao Regulamento comunitario sobre a prohibición de todas as artes de deriva para reivindicar a diferenza e a especificidade das artes de deriva tradicionais e ancestrais que utiliza a pesca artesanal de río.

A deputada do BNG critica a proposta de Regulamento da UE que pretende prohibir sen distinción a pesca con redes á deriva. “De seguir para adiante, esta prohibición suporá un duro revés para o sector pesqueiro galego artesanal, como o xeito, porque porá fin a artes ancestrais, sostíbeis e moi utilizadas na pesca de especies como a sardiña, e na pesca de río para a captura de lamprea no Miño.

Precisamente mañá vaise celebrar unha sesión da Comisión de Medio Ambiente no Parlamento europeo onde se van debater e votar as emendas e propostas ao informe .

Inxerencia da UE até en como pescar nos ríos galegos

Davila apela ao partido no Goberno a facer valer a diferenza das pequenas redes de enmalle do sector pesqueiro galego. “Na actividade pesqueira en Galiza utilízanse artes de deriva como o trasmallo do Miño, a lampreeira, a muxileira, a varga da solla ou a varga do muxo, artes todas elas moi selectivas, destinadas á pesca de especies moi concretas e que se poderían enmarcar dentro da economía de subsitencia”.

A deputada do BNG pón de manifesto que se trata de métodos de pesca respetuosos co medio ambiente mariño e que “non teñen ningunha relación coas quilométricas redes que utilizan mariñeiros europeos”. Así, menciona as enormes redes italianas coñecidas como “ferrata” que chegan a 2,5 quilómetros de lonxitude e é moi destrutiva.

“Móvanse en Europa e defendan á pesca artesanal galega”

Reprocha Davila a Tejerina que “como sucedera co xeito e o racú, non informasen debidamente ás autoridades europeas da especificidade das artes de deriva galegas”. Cuestiona a deixación do Goberno español xa que a UE está metendo no mesmo saco a todo tipo de artes de deriva. “É obriga do Goberno transmitir con documentación a especificidade das artes galegas a fin de contrarrestar unha normativa uniformizadora”. Ademáis, cuestiona que a UE “teña que regular modelos de pesca de hai séculos e que forman parte da idiosincrasia de territorios costeiros de Galiza. Non se deberían tolerar inxerencias comunitarias deste tipo na soberanía dos territorios”.

Para a deputada do BNG “non é competencia da UE estabelecer incluso como pescar nos ríos galegos ou rematar con artes ancestrais no mar”. “Perante este golpe de mán da UE, fícanos claro, como sucedera co xeito e o racú, que nin a Xunta nin a Administración central se preocuparon de defender as artes de enmalle galegas”. Por iso, tamén empraza a Tejerina manter unha xunta cos sectores da pesca artesanal a fin de documentarse debidamente para contrarrestar o Regulamento da UE, e “defender con interese e implicación os intereses da pesca artesanal galega”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG