Daniel Rodas pide utilizar os Fondos europeos en pesca e non para desguaces

Desguace de barcos

O deputado nacionalista acusou ao Partido popular de “complicidade” coa política pesqueira comunitaria que aboca a flota galega ao “exterminio”

Desguace

 Pleno.-A través dunha proposición non de Lei, que o Partido popular rexeitou, o nacionalista Daniel Rodas fixo balance dos resultados do número de barcos desguazados dende que goberna Núñez Feijóo e pediu modificar os criterios dos Fondos europeos para destinalos á actividade pesqueira e non ao desguace de embarcacións.

Neste sentido, denunciou a “indefensión” do sector pesqueiro galego e as consecuencias das políticas do Partido popular e europea para o futuro da flota galega, “ 142 barcos foron desguazados”, afirmou e dende que goberna Núñez Feijóo a situación do noso sector pesqueiro cada día agravase por políticas lesivas que impiden a actividade , afirmou.

O parlamentario insistiu en denunciar que “non é de recibo o desguace cando foron aumentadas as cotas de pescada nun 49%” e explicou que non ningún sentido dedicar 5,4 millóns de euros ao desguace de barcos de pesca de baixura como consecuencia das “nefastas negociacións no reparto de cotas” entre as que destacou a da xarda e novo plan da sardiña.

Desguace de barcos

En resposta ao portavoz do Partido popular, Jose Manuel Balseiro que xustificou a política de desguaces de barcos en Galiza, o deputado do BNG reclamou o “dereito a pescar” como tradicionalmente fixemos e impedir que flotas foráneas acaben ocupando os nosos mercados.

Rodas lamentou o voto contrario do Partido popular á iniciativa nacionalista e volveu a acusar ao PP de ser cómplice das directrices políticas contrarias ao desenvolvemento e futuro da flota pesqueira galega.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG