Para o deputado, as contas do 2015 constatan o fracaso da estratexia do PP para a recuperación económica
O parlamentario do BNG, Cosme Pombo criticou hoxe os orzamentos presentados polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez por continuistas e contrarios á recuperación económica.
O parlamentario afirmou que as contas do 2015 asfixian a cultura, o idioma galego e o ensino público mentres crecen os asesores e persoal externo. Estes orzamentos non medran, recalcou, porque educación perde 32 millóns de euros e sanidade 18 millóns.
Cosme Pombo anunciou que o BNG rexeitará uns orzamentos que representan para Galiza, máis paro, menos cultura, menos educación e menos investimento en ordenación universitaria.
Neste sentido, lembrou que o desemprego en Galiza sitúase no 20,1% ademais da emigración, unha lacra gravísima para o noso país. Os recortes na consellería de Cultura anuncian máis paro tras 3.000 educadores/as eliminados. Os orzamentos presentados hoxe, recalcou, constatan a consolidación dos recortes.
Cultura, Educación e Ordenación universitaria.
No 2013 e 14 producíronse graves recortes que agora no 2015 afondan no que xa lle dixen noutros exercicios, son contas que levan a cultura á sepultura.
O deputado criticou a falta de profesorado para atender necesidades especificas do alumnado que máis o precisa aínda que conselleiro sega afirmand que está todo cuberto. En Viveiro, explicou, Cosme Pombo, o mesmo orientador ocupa tres ou catro centros e todos os profesores e país sabemos que este ano foi aplicado o recorte máis grave neste ámbito.
Como xa sabemos que o PP con menos, fai máis a consellería recorta os orzamentos para liquidar a nosa cultura e o noso idioma. En cultura recortase no grupo funcional 43 o 5,4% e en normalización Lingüística o 4,8%.
O parlamentario rematou a súa intervención preguntando se os curriculos completos estarán en formato electrónico e en idioma galego naqueles centros que o demanden. Hai máis repagos, recortes en FP, acentuase a privatización e tamén o negocio do ensino público. Máis recortes tamén nas partidas en primaria e infraestruturas educativas, a universidade perdeu 50 millóns para programas de investigación e persoal. Estes orzamentos Sr. Conselleiro, afondan nos recortes e no paro, concluíu.