O BNG volve a reclamar a gratuidade da AP-9 e o PP vota en contra

Ana Pontón censurou que o Partido popular defenda as peaxes e subas abusivas nas autoestradas galegas

Ana Pontón

Pleno.-A deputada Ana Pontón defendeu hoxe unha Proposición non de lei contra as peaxes das autoestradas de Galiza e a recuperación da “titularidade pública da AP-9”.

Pontón cualificou de “delirante” a defensa do portavoz do PP, Alejandro Gómez Alonso sobre as abusivas  “peaxes galegas”, as máis caras  do Estado  e que afectan a miles de persoas, “vostede, non sufre o incremento das peaxes nin o padece en carne propia”, dixo a nacionalista.

Dende o BNG, manifestou , consideramos “un negocio ruinoso e unha estafa” a Galiza o proceso de privatización da AP-9 que se deu cun goberno do Partido popular presidido polo “Gran Aznar ao fronte”. Por iso reclamamos a revisión de oficio dese contrato que vai en contra do interese público.

A deputada denunciou o sometemento do Goberno galego a grandes empresas e contra o interese xeral, este Goberno, afirmou “é irrelevante” porque non se implica nin soluciona os problemas, “traizoan vostedes os intereses do noso País”, recalcou.

Pregúntenlle aos galegos e galegas se están de acordo coas peaxes e se lles parece ben ter unha das autoestradas máis caras do Estado. E pregúntenlle tamén, que opinan sobre a privatización e sobre o pago de 3.000 millóns de euros a unha empresa foránea coa concesión dunha autovía ou autoestrada construída con fundos públicos.

A proposición non de lei defendida pola deputada do BNG foi rexeitada polo Partido popular.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG