A deputada, Ana Pontón esixiu unha resposta sobre as actuacións da Xunta contra os atascos na AP-9
A parlamentaria do BNG, Ana Pontón formulou unha pregunta na comisión de Ordenación do Territorio relativa aos atascos producidos na AP-9 e as actuación da Xunta ao respecto, en acadar ningunha resposta concreta ás cuestións formuladas.
Asemade, tamén preguntou se a Xunta de Galiza ten previsto sancionar á concesionaria despois dos colapsos producidos durante o verán con retencións quilométricas nas cabinas das peaxes.
Pola súa parte o director xeral de Mobilidade afirmou que a Xunta xa se pronunciara sobre este problema cando manifestou que lle desagradaba o acontecido e o servizo non era bo sen embargo matizou que segue sendo unha competencia do Estado a pesar de que o Goberno galego xa mostrou a súa intención de pedir o traspaso a Galiza.
Na quenda de réplica, a nacionalista pediu que as reclamacións da Xunta ao Goberno do Estado sexan de maneira formal e non a través dos medios de comunicación e titulares, hai que actuar e reclamar nas administracións con competencias.
Pontón reiterou a súa pregunta sobre a valoración da Xunta no referido aos continuos atascos nas autoestradas, que fixo o Goberno e cal foi o resultado das súas actuacións para resolver este problema? Non queren responder porque en realidade non fixeron nada, afirmou.
Sobre as posible sancións a AP-9, a deputada tampouco acadou ningunha resposta satisfactoria do membro do Goberno interpelado, indefensión absoluta dos cidadáns fronte unha concesionaria que está a cometer unha estafa legal, concluíu.