O BNG urxe á Xunta a poñerse ao lado d@s retornad@s

Tereixa Paz denunciou que persoas con invalidez recoñecida son embargadas cando por lei están excluídas de tributación

Tereixa Paz

A parlamentaria do BNG, Tereixa Paz formulou hoxe unha pregunta á conselleira de Facenda, Elena Muñoz relativa ás xestións realizadas polo Goberno galego para garantir “un trato xusto” na tributación das persoas emigrantes retornadas.

Na intervención, a parlamentaria asegurou que a retención dunha persoa non retornada con ingresos de 14.000 anuais representa a cantidade de 714 euros a diferenza doutra retornada cos mesmos ingresos que ascende a 904,26. Nas matemáticas da xente que ten que pagar, dixo, podo asegurarlle que a cantidade non é a mesma.

 

Paz negou a devolución do embargado e puxo como exemplo o dunha persoa cunha pensión do 100% en Suíza “non recoñecida aquí como tal” á que non lle devolverán nada porque a Axencia Tributaria considera que debe pagar igual que se non tivera afectada pola invalidez. Vostede,dixo, sabe que “as persoas cunha recoñecida invalidez absoluta ou gran invalidez non están obrigadas a presentar a declaración da Renda nin pagar impostos”.

Hoxe, engadiu, teñen a oportunidade de comprometerse e “reparar o trato inxusto e desigual” ao que someten ás persoas retornadas e rematar co sufrimento e angustia que lles inflixen.

A conselleira de Facenda afirmou que non existe ningunha discriminación coas persoas retornadas aínda que a veces “se podan producir erros no cálculo das retencións” pero seguiremos traballando para facilitarlles a regulación. Ao principio, explicou Muñoz, había unha situación “inxusta” que se recoñeceu e neste momento “están na mesma situación que o resto dos pensionistas galegos.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG