A portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Olaia Fernández Davila, e a deputada do BNG, Rosana Pérez, solicitaron a celebración dun Pleno estraordinario coa comparecencia de Rajoy para que explique se está disposto a paralizar de maneira urxente todos los desafiuzamentos en curso.
Davila considera que o tema ten a suficiente gravedade como para que o Presidente do Goberno veña a un Pleno monográfico a debater e falar sobre os procesos de execución hipotecaria e sobre as medidas que vai adoptar para solucionar de maneira efectiva e real este preocupante drama social.
Para a portavoz do BNG non vale a excusa do Real Decreto Lei aprobado en Consello de Ministros e que se vai debater no Pleno do Congreso da semana vindeira, porque é insuficiente, e non afronta a cuestión de fondo. O Goberno actuou con cobardía e deu luz verde a un Real Decreto Lei que non cambia a Lei Hipotecaria, non contempla a dación en pago, non toca os intereses de demora nen o valor de tasación. Sen esquecer que non ten carácter retroactivo.
É dicer, o fundamental está por arranxar, e mentras temos que continuar vendo como a banca sigue desaloxando a familias e cidadáns das súas casas. As tropelías da banca non se pararon. É hora de que Rajoy dea conta nun Pleno se está disposto a paralizar todos os desafiuzamentos en curso. Ten a obriga de comparecer na Cámara porque se trata dun problema social de grande envergadura, que afecta a miles de persoas, sinalou Davila.