A deputada Ana Pontón lamentou que o PP impida o trámite da Proposición de lei nacionalista para o seu trasalado ao Congreso dos deputados
O BNG defendeu hoxe, a través dunha Proposición de lei, transferir o servizo de Meteoroloxía a Galiza cun dobre obxectivo: dar resposta ás necesidades da cidadanía e sectores pesqueiro, agrario e turístico e facer fronte á recentralización impulsada por Mariano Rajoy.
O partido popular impide que a proposta do BNG sexa traslada e debatida no Congreso
Na súa intervención, a deputada denunciou que Galiza, xunto a Melilla e Ceuta, careza de competencias no servizo o que reforza, na súa opinión, marxinación e discriminación, o Goberno do Estado está a dar pasos decisivos nesta dirección recalcou.
Por outra parte, mentres Cataluña e Euskadi, dixo, responderon contra a nova Lei do Servizo Metereolóxico do Estado que centraliza a competencia deste servizo público, a Xunta manten silencio.
Defendemos esta Proposición de lei porque Galiza precisa dun Servizo de Meteoroloxía de calidade como servizo fundamental para o turismo, pesca e agricultura ademais doutros ámbitos e actividades económicas e sociais: protección civil, prevención de incendios e extinción.
As competencias traen asociadas financiamento
Contamos dende hai dez anos con Meteogalicia a través dun convenio coa Universidade de Compostela, cunha acreditada profesionalidade confirmando a súa fiabilidade nas previsións, mesmo a pesar da carencia de medios, e lembrou que os erros nas previsión dos servizos do Estado son continuos e previr o clima en Galiza resulta complicado o cal reforza a necesidade de contar con medios propios para mellorar as predicións e o estudo da evolución do clima.
Pola súa parte, o portavoz do Partido popular, Pedro Puy xustificou o voto contrario á iniciativa nacionalista asegurando que a transferencia significaría a desaparición da Axencia estatal de Meteoroloxía.
Tras o anuncio do voto en contrario do grupo popular, a deputada manifestou que o BNG aposta por evitar duplicidades e que a prestación do servizo pode facerse dende Galiza porque non existe ningún problema para colaborar co Estado e internacionalmente, nada impide esta coordinación, reiterou.
A deputada concluíu asegurando que as competencias traen asociado o orzamento o que melloraría substancialmente un servizo dende un organismo propio.