O BNG reclama cambiar a política fiscal e crear unha Comisión contra a fraude

Francisco Jorquera na Comisión de Economía

Jorquera defendeu “non elevar os impostos indirectos, gravar as rendas máis altas e establecer novos tributos para empresas con impactos negativos no medio ambiente”

Francisco Jorquera na Comisión de Economía

O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera reclamou, unha vez máis na comisión de Economía e Facenda, “un cambio na política fiscal” priorizando o gasto social e investimento produtivo.

O Partido popular rexeitou a Proposición non de lei nacionalista que ademais incluía: Non subir os impostos indirectos, reformas impositivas para as rendas máis altas, establecer novos tributos sobre grandes superficies comerciais e empresas que xeren impactos negativos medioambientais e non reducir o investimento en gasto social.

O PP pretende impoñer un modelo produtivo e laboral “á senegalesa”

Na súa intervención, o deputado lembrou que o novo período de sesións estará ocupado, en grande medida, polo debate do proxecto de orzamentos polo que demandou “un cambio” na orientación das políticas fiscais, “chave de ingresos e distribución do gasto público” e principal ferramenta dun Goberno para influír na marcha da economía.

Non queremos, dixo, un modelo produtivo “á senegalesa” acumulando débeda e máis recortes en políticas sociais. Tampouco queremos unha reforma fiscal que favorece ás rendas máis altas e empresas. Un goberno que recorta en ensino e sanidade e logo subvenciona centros educativos que segregan por razón de sexo, “non defende o interese xeral”, provoca un “medre escandaloso das desigualdades sociais e empobrece ás persoas”, recalcou.

En Galiza e no Estado español, está acontecendo o que dicía o cantautor portugués Fausto: “Assim se faz Portugal: uns van ben e outros mal. O BNG, ao igual que Fausto tamén di: Eu non quero o que tu queres, que eu son doutra condiçao e por esa razón propomos un “profundo cambio na orientación das políticas fiscais, concluíu.

O BNG pide crear unha Comisión contra a fraude fiscal

Por outra parte, na mesma comisión, Jorquera defendeu crear unha comisión especial contra a fraude fiscal. O BNG, dixo, seguirá reclamando investigar o fraude por moito “que batamos contra o muro do Grupo parlamentario do Partido popular”, máxime tendo en conta os últimos acontecementos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG