O BNG pide a Xunta que interveña no conflito dos Parques de Bombeiros

Intervención de Tereixa Paz

Tereixa Paz defendeu unha Proposición non de lei para reclamar a Xunta unha intervención no conflito laboral da empresa Natutecnia e acelerar a sinatura do convenio colectivo

Intervención de Tereixa Paz

A deputada do BNG, Tereixa Paz lamentou hoxe o voto negativo do Partido popular á iniciativa nacionalista que reclamaba unha intervención da Xunta coa empresa Natutecnia co fin de acelerar a solución as demandas dos traballadores dos Parques Comarcais de Bombeiros.

A parlamentaria lembrou que hai uns días, un membro do Goberno respondeu a unha pregunta formulada polo BNG que o convenio colectivo “estaba moi avanzado e en camiño” e a portavoz do PP, Paula Prado hoxe respondía á proposta do BNG na mesma dirección, agora vostede, ironizou Tereixa Paz, tamén está “encamiñada ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e sigue aquí”.

A portavoz popular, Paula Prado, xustificou o voto negativo do PP argumentando que o convenio está en marcha e non “é oportuno que a Administración interfira”.

Pola súa parte, Tereixa Paz tamén reclamou realizar unha auditoría para comprobar o cumprimento das contratacións e contra o “acoso laboral” denunciado por algúns traballadores tras participar nas protestas contra a empresa.

A deputada lamentou que a Xunta de Galiza sega mantendo que é “un asunto entre particulares” o conflito suscitado e lembrou que os parques comarcais están xestionados por unha empresa privada pero segue sendo “responsabilidade da Xunta a correcta prestación deste servizo”. Non estamos falando, dixo, dun problema entre o titular dunha mercería e os seus traballadores, referímonos a un servizo público que debe ser prestado en óptimas condicións, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG