O BNG pide que RTVE restitúa o programa “Españoles en la mar”

Daniel Rodas, a través dunha Proposición non de lei, insta ao Goberno galego a reclamar da RTVE a restitución da emisión de onda curta de Radio Exterior

O deputado do BNG, Daniel Rodas asegura que co eliminación da onda curta de Radio exterior rematase con 72 anos de historia da radio pública e liquidase unha icona das ondas, “Españoles en el mar” un referente na información marítima-pesqueira que vincula ao persoal embarcado coa súa terra e mesmo chegou a realizar emisión en galego e outros idiomas do Estado.

O nacionalista insta ao Goberno galego, a través dunha Proposición non de lei, a reclamar da RTVE a restitución da emisión de onda corta de Radio Exterior, canle no cal eran emitidos programas culturais como “Artesefera”, “Retablos” , “Europa abierta” e “Europa hoy”.

O parlamentario reclama o “dereito a poder acceder a información actualizada” e diferentes colectivos profesionais: tripulacións, asociacións de emigrantes , casas de Galicia ou centros galegos demandan que “non se apague este vínculo” que ten unido a miles de galegos na diáspora a través das ondas de Radio Exterior.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG