O BNG pide explicacións no Congreso pola carga policial en Compostela

A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez presenta unha pregunta sobre a carga policial, producida onte en Santiago, tras negar as forzas de seguridade o acceso ao casco vello a centos de persoas co fin de impedir as protestas dirixidas a Rajoy e Angela MerkelDSC_0660

A deputada do BNG no Congreso dos deputados, Rosana Pérez rexistrou hoxe unha pregunta con resposta escrita relativa á “desproporcionada” carga policial en Santiago de Compostela con motivo da presenza da chancerelesa Angela Merkel.

A deputada considera que a acción policial “vulnerou os dereitos da cidadanía” ao impedir a libre circulación a puntos da parte antiga da capital compostelá e someter aos cidadáns a “identificacións inxustificadas”.

A nacionalista pregunta tamén polo custe ao erario público e cidadáns do dispositivo despregado onte en Santiago, e se o Goberno considera “xustificado” efectuar tales depregues no momento de maiores recortes en materia de Sanidade, Servizos Sociais e Educación.

Rosana Pérez denuncia o acontecido onte na capital galega e pregunta a que responde que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado se “extralimiten” e utilicen a violencia contra @s cidadáns que tentaban acceder á Praza do Obradoiro para exercer o seu dereito de liberdade de expresión.

Por outra parte, a nacionalista considera que as declaracións do Delegado do Goberno en Galiza, Samuel Juárez, sobre a violencia nas rúas, “non contribúen á pacificación social” sobre todo, nun momento de protestas cidadáns contra as políticas regresivas do Partido popular, “cómo se entende unha represións tan férrea nun sistema democrático? pregunta.

Finalmente, a deputada tamén quer saber se o Ministerio do Interior continuará con este modelo na nova lei de Seguridade Cidadá.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG