O BNG lamenta que a Xunta non escoite á cidadanía e sega adiante coa privatización de Monterrei

A deputada Tereixa Paz pediu a paralización das obras do proxecto para evitar danos irreparábeis no patrimonio da acrópole e castelo de Monterrei e reclamou o seu “uso público” como está a demandar o BNG e a cidadanía

Tereixa Paz

A deputada do BNG, Tereixa Paz, a través dunha Proposición non de lei volveu pedir parar as obras da acrópole e Castelo de Monterrei ante a previsión da Xunta para privatizar a súa xestión.

A parlamentaria comezou a súa intervención parabenizando de “forma entusiasta” a todas as persoas que están a defender o “uso público” da fortaleza en mobilización contra a previsión da Xunta de “entregarlla a unha empresa privada” para uso hoteleiro.

O PP dálle as costas aos miles de persoas que reclaman o uso público de Monterrei

Pola súa parte a portavoz do PP, Cristina Isabel Romero afirmou que o proxecto das obras obedecen a rehabilitación e recuperación prestando especial atención á orixinalidade dos edificios e cualificou de “demagóxica” a intervención da nacionalista.

Tereixa Paz respondeu que o que non ten cualificación é comparar, como fixo a portavoz popular, o “efecto dinamizador do Hostal dos Reis Católicos coa previsión privatizadora da Xunta en Monterrei”.

Paz tamén aclarou á portavoz do PP que o BNG non quere que fracase o proxecto como levan afirmando os populares, o BNG dixo, “ o que non quere é que se faga” ao igual que miles de persoas que saíron a rúa o pasado sábado en Verín.

Non queremos un proxecto que implica a “privatización do Castelo regalando a súa explotación a unha empresa, non queremos que se cometa unha ilegalidade nas condicións para a súa cesión coa conseguinte perda deste ben no patrimonio público galego e o Plan Director, elaborado polo bipartito, non foi aprobado porque a cesión verificouse no ano 2010 e non lle deu tempo”.

Tereixa Paz

Vostedes levan cinco anos gobernando e a propia directora da Axencia de Turismo, Nava Castro confirmou hai quince días en comisión parlamentaria que o Goberno continua co estudo para aprobar o devandito Plan director para Monterrei. Non é de recibo, concluíu a deputada “facer obras para privatizar o castelo cando a aprobación do plan director segue no ar”.

A proposición non de lei do BNG destinada a garantir o “uso público” de Monterrei foi rexeitada polo Grupo maioritario do Partido popular.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG