O BNG lamenta que o PP impida restituír as mesmas condicións para as flotas do Cantábrico

Daniel Rodas acusou ao Partido popular de “precarizar o traballo das tripulacións e permitir a competencia desleal co arrastre galego"

Daniel Rodas en debate parlamentario

Pleno.- O deputado do BNG, Daniel Rodas reclamou hoxe, a través dunha Proposición non de lei, restituír o acordo pesqueiro con Portugal do ano 2013 que establece as condicións de descanso semanal para a flota de arrastre que faena no Cantábrico.

O nacionalista recriminou ao portavoz do PP, José Manuel Balseiro e a conselleira do Mar ter aplaudido “entusiasticamente” un acordo que recollía a discriminación da flota galega para a continuación, un mes máis tarde, aprobar unha modificación que retornaba á situación discriminatoria inicial. Onde está o Goberno para defender aos profesionais do mar de Galiza, preguntou.

Rodas cualificou de “actitude indignante” o proceder do Partido popular e de “trapalleiros” a Balseiro e Quintana polo novo engano ao sector da pesca . Vostedes seguen falando de horarios e topes de capturas mentres nós, os galegos “con escasas ferramentas” seguimos defendendo como podemos o noso país.

“Queremos igualdade de trato, nin máis, nin menos” afirmou con rotundidade o nacionalista.Queremos mellorar as condicións para regular o caladoiro, “mellorar, reiterou, as condicións laborais” pero cada día constatamos que o Partido popular non ten política pesqueira porque “son palmeiros” dos criterios de Madrid e acaban sempre xustificando as medidas que nos prexudican.

“ Vostedes son o verdadeiro problema, non a solución” para o  sector pesqueiro, concluíu.

A Iniciativa do BNG foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular que impide demandar do Goberno central a restitución do acordo pesqueiro con Portugal para establecer as mesmas condicións das flotas que faenan no Cantábrico, independentemente do país ao que pertenzan.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG