O BNG denuncia irregularidades nas axudas para o palangre

Daniel Rodas acusa á consellería do Mar de “falta de transparencia” nun proceso que impediu o acceso dalgunhas embarcacións ás axudas

Daniel Rodas en Comisión

O deputado do BNG, Daniel Rodas acusou hoxe a consellería do Mar de “falta de transparencia e rigorosidade” na convocatoria de axudas a buques palangreiros a través dunha pregunta parlamentaria formulada na Comisión de pesca.

Rodas explicou que a convocatoria de axudas , “13,3 millóns de euros”, destinada a buques incluídos nun plan de recuperación ou de “axuste de esforzo pesqueiro”, unha vez finalizada baixo estes criterios, foi publicada a lista provisional o día 12 de xuño, pero dos 39 barcos da listaxe “unha boa parte eran palangreiros de superficie”.

O parlamentario asegurou que esta circunstancia, creou “grande malestar entre as asociacións de palangreiros ” que non se acolleron a convocatoria por considerar que non cumprían os requisitos.

O sector amosa o seu malestar ante a falta de información

O parlamentario afirmou que ante as irregularidades detectadas na convocatoria, “cunha véntena de buques que incumpren os requisitos” a día de hoxe, aínda “descoñecemos a existencia dalgunha orde que prorrogue o plan de xestión do palangre de superficie”, ou algunha indicación para que os barcos de palangre puideran acollerse ás axudas. Sen embargo, sabemos que algúns si “ eran coñecedores a nivel particular” polo que solicitaron a axuda.

Buque palangreiro

Neste sentido, explicou, os que contaron con “información privilexiada” accederon ás axudas e os que non, como nos casos de Celeiro, Marín e Ribeira “tiveron que resignarse”, sen embargo, unha asociación, informou Rodas, presentou unha demanda xudicial para impugnar a convocatoria. Para o deputado, de confirmarse que unha parte da flota recibiu información da secretaria xeral do Mar para beneficiarse das axudas, debe provocar unha resposta inmediata que pasaría polo “cese do titular da secretaría”, Juan Maneiro Cadillo.

Rodas afirma que existe un Fax que en ningún caso pode substituír unha orde administrativa

Pola súa parte Maneiro Cadillo asegurou que os criterios de selección deixan claro que barcos poden acceder á convocatoria e con que criterios, puntualizando que son os mesmos que en anos anteriores, agás no 2013 que foi incrementada a puntuación do plan de superficie.

Asemade confirmou a vixencia do Plan de palangre de superficie cun período de execución é 2008-2015. Na quenda de réplica o nacionalista preguntou se o sector foi informado desta orde orde confirmando o secretario xeral do Mar, que por parte da secretaria foi remitida unha modificación da lista facendo desaparecer algúns buques que non cumprían os requisitos.Palngreiro

Finalmente, o deputado reiterou que só existe “un Fax” que non pode substituír á orde que prorroga do Plan. “ Os barcos que aparecen na listaxe, reiterou, reúnen os requisitos desa orde e cando o sector reclamou explicacións, vostede afirmou que foran informados da inclusión do plan de superficie no plan de xestión prorrogado”.

Todo indica que en condicións normais, hai barcos que alcanzarían unha puntuación superior aos que aparecen nas listaxes pero “ao descoñecer ao prorroga non puideron solicitar as axudas”.

Un botiquín con máis de vinte produtos en embarcacións de escaso recorrido.

Á iniciativa do BNG, o Parlamento insta ao Galego a reclamar ante o Goberno español que “rectifique a obrigatoriedade” de dispoñer dun botiquin a bordo nas embarcacións que faenan por dentro das 12 millas.botiquin

Na defensa da iniciativa nacionalista, aprobada hoxe por unanimidade, Daniel Rodas aseguro que resulta desproporcionado “un botiquín tipo C” sen ter en conta as peculiaridades de cada flota e a realidade do mar en Galiza. O novo botiquín, dixo, inclúe máis de vinte produtos ademais de colares cervicais, cánulas de reanimación, apósitos, férulas de aluminio maleábeis, xelatina hemostática...ou mantas illantes. Para o deputado, as embarcacións que faenan a menos de 12 millas dedícanse sobre todo ao marisqueo e na maior parte dos casos, “os traballadores do mar nin sequera saberían utilizar o contido do botiquín”.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG