Ana Pontón acusa a Xunta de frear proxectos destinados a mellorar a atención psiquiátrica nun centro pioneiro no tratamento de enfermidades mentais e que da cobertura a poboación das áreas sanitarias de Santiago, Ferrol e A Coruña
A través dunha pregunta parlamentaria, a deputada do BNG, Ana Pontón denunciou a actual situación do Hospital Psiquiátrico de Conxo afectado pola falta de recursos, derivación de pacientes á centros privados, redución de camas residenciais e paralización de proxectos destinados a impulsar a rehabilitación e integración social das persoas con trastornos mentais.
O Goberno recoñece a privatización do hospital psiquiátrico e carecer dun plan de Saúde mental
Tras a intervención da nacionalista, o director Xeral de Asistencia sanitaria, Félix Rubial recoñeceu carecer dun Plan de Saúde mental e derivar a centros privados ou concertados a pacientes do Hospital de Conxo despois de ser dad@s de alta e a pesar das súas afirmación, asegurou que para o Goberno galego a atención psiquiátrica é unha prioridade.
Rubial confirmou que a Goberno non contempla introducir cambios nin melloras no centro e na atención sanitaria porque a situación non vai mudar.
Pontón tamén aludiu a área de atención infantil no ámbito da psiquiatría cerrada durante moito tempo a pesar de estar rematada e asegurou que o total de facultativos nesta atención en toda Galiza é inferior a área de Sabadell que nunha soa área ten máis persoal para atender a poboación infantil, seis veces máis, afirmou.
A deputada pediu ao responsábel do Sergas, menos soberbia e triunfalismo porque detrás dos problemas de saúde mental hai moito sufrimento e vostede debería saber que os profesionais non denuncian por hobby, denuncian, explicou, porque diariamente ven as carencias e a falta dun plan real para o Centro Psiquiátrico de Conxo.
A parlamentaria denunciou a privatización do centro e amosou o seu malestar ante a negativa do director Xeral por non responder á pregunta sobre o carácter das residencias ás que foron remitidos 79 pacientes dados de alta, derivan aos pacientes a outros centros privados e logo pechan as camas residenciais para defender que a medida responde a falta de usuarios. Esta práctica, recalcou é unha perversidade , reducen prazas na Sanidade pública para derivalos a centros privados, concluíu.