O BNG considera “tardía” a dimisión de Paula Prado e acusa a Feijóo de complicidade

Ana Pontón afirma que a dimisión de Paula Prado da portavocía do Partido popular esconde un “problema xeneralizado de corrupción dentro do PP” do que Núñez Feijóo é responsábel e cómplice por manter a cargos que están imputados ou presuntamente o serán nun inmediato futuro

Paula Prado dimite da portavocía do Partido popular

A viceportavoz do Grupo Parlamentario do BNG, Ana Pontón cualificou de “tardía” a dimisión de Paula Prado e considera que pon de manifesto o “dobre raseiro do Partido popular” ao dimitir como portavoz do partido para non facerlle dano e manterse como deputada demostrando unha clara “falta de consideración e desprezo” polo Parlamento galego.

En todo caso vemos dixo, como detrás desta dimisión se esconde un “problema xeneralizado de corrupción” dentro do Partido popular do que Núñez Feijóo é “responsábel”, non só pola tibieza coa que actúa senón pola “complicidade” que demostra ao seguir mantendo en cargos, de moita relevancia, a persoas que van estar ou están neste momento imputados/as.

Dende o BNG, dixo, cremos que a complicidade demostrada polo Presidente do Goberno galego “socava” aínda máis a xa feble confianza da cidadanía nas institucións e resulta “indigno” que o Presidente da Xunta de Galiza, por salvar ao seu partido sega “facendo tanto mal ao noso País”.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG