O BNG acusa a Rocio Mosquera de empregar fondos europeos para privatizar a Sanidade

Montse Prado criticou que a conselleira non compareza para explicar o incremento das lista de espera, o peche de camas nos hospitais ou o nomeamento do seu home e fágao para informar dos proxectos con fondos europeos para empresas privadas

Cámara galega

Pleno.- A deputada do BNG, Montse Prado acusou á conselleira de Sanidade, Rocio Mosquera de utilizar “os fondos europeos para que empresas privadas xestionen a sanidade pública de Galiza” e neste proceder, dixo, non atoparán vostedes a “compracencia” do BNG.

Tras a comparecencia da titular de Sanidade en pleno, a petición propia, para informar dos proxectos con financiamento europeo nos que participan a Consellería e Servizo Galego de Saúde, a nacionalista lanzou duras críticas contra Mosquera por non comparecer para explicar o aumento das listas de espera, o nomeamento do seu home, o peche de camas nos centros hospitalarios e “o permanente desmantelamento da sanidade pública galega”.

Na súa intervención, a nacionalistas advertiu que as empresas finalistas dos fondos europeos converteranse nas “donas da sanidade pública de Galiza” polo que volveu preguntar pola contía dos fundos e o número de “empresas galegas e non galegas” beneficiarias das subvencións, extremo sobre o que a consellería non se quixo pronunciar.

Montse Prado

A parlamentaria insistiu na intención do Partido popular de desmantelar a sanidade pública galega e salientou a carencia de material provocado pola privatización dalgúns servizos como o de lavandería que taxan o uso de roupa a utilizar e provoca a falta de sabaniñas nos servizos de xinecoloxía, ademais doutros produtos necesarios para á atención sanitaria. Sigan vostedes, dixo, “negando a realidade” que @s pacientes están a padecer día a día.

Finalmente, Prado recalcou que o progreso non é “entregarlle os recursos galegos a multinacionais de fora”, nin no sector naval nin na sanidade pública. Non van ter a “compracencia do BNG” para esa entrega, concluíu.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG