O BNG acusa ao PP de deixar "esmorecer" o medio rual galego tamén en materia de ensino

Os  portavoces de Educación, Cosme Pombo,(BNG), Ramón Vázquez, (AGE) e Francisco Caamaño, (PSOE) reclamaron constituír unha comisión de estudo co fin de elaborar propostas e alternativas á actual situación do ensino no medio rural.

Comparecencia dos portavoces de Educación

Os portavoces parlamentarios de Educación e Mesa pola defensa do Ensino Rural critican que o Partido popular impida crear unha comisión, que xa funcionou noutras lexislaturas, para estudar as necesidades do sistema educativo no medio rural galego. Os deputados e membros da Mesa piden que o PP “rectifique” e constitúa a comisión de estudo.

Os portavoces de Educación, Cosme Pombo,(BNG), Ramón Vázquez, (AGE) e Francisco Caamaño, (PSOE) compareceron hoxe en sede parlamentar, xunto a membros da Mesa pola defensa do Ensino Rural, para reclamar do Partido popular, “unha rectificación” que permita a posta en marcha da comisión Especial non permanente, para o estudo, diagnose e elaboración de propostas para adaptar o sistema educativo no medio rural galegos ás súas características, necesidades e potencialidades.

Tras desculpar a ausencia da portavoz do Grupo Mixto, Carme Iglesias por motivos familiares, tamén asinante da proposta, o deputado e portavoz de Educación do BNG, Cosme Pombo manifestou que “o ensino rural é a raíz do noso país” e hai moito tempo que o rural está esquecido polos “interese do Partido popular”.

Máis de 500 millóns foron recortados no ensino dende que Feijóo chegou ao Goberno galego, política, que en opinión do nacionalista, repercutiu “moi negativamente no ensino rural”, de aí que todos os grupos parlamentares da oposición apoie a creación desta comisión. Lamentamos que ante un tema tan importante, “o Partido popular negue a súa constitución”.

O BNG, engadiu, “está por que o medio rural viva” e por iso imos seguir presentando todas as iniciativas que sexan necesarias para que sexa posíbel.

Tanto os portavoces de educación como o representante da Mesa en defensa do Ensino Rural, Xosé Lois Rivas, coincidiron en denunciar “o desleixo” do PP coas necesidades do medio rural polo que reiteraron a súa petición de constituír unha comisión de estudo que impulse e defenda o ensino neste medio.

 Rivas Cruz cualificou de “vergoñenta” a actitude do PP porque de non rectificar, afirmou, o “rural está condenado a morrer”.

 

 

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG