Ana Pontón pide modificar a lei de condicións para os concellos con SOGAMA

A deputada cualificou de “mostra de soberbia” o conflito suscitado pola Xunta contra os concellos galegos que consideran “inxusto” o canon de SOGAMA

A parlamentaria do BNG, Ana Pontón defendeu hoxe unha Proposición non de lei para “derrogar a resolución que establece as condicións da xestión dos residuos domésticos coa Administración autonómica e restaurar o respecto á autonomía local no funcionamento de SOGAMA”.

A deputada asegurou que actual lei que regula as condicións para a xestión institucional dos residuos domésticos “é un abuso” que crea cada vez máis problemas que serán dirimidos nos tribunais porque privan a moitos concellos galegos á participación. Vostedes cren que ter maioría “lles da dereito a facer o que queiran e nun Estado de Dereito non debería ser así”.

Entre os últimos conflitos lembrou a recente dimisión do Presidente de SOGAMA, “un dos cargos mellor remunerados da Xunta” por incumprimento da lei de incompatibilidades á que sumou os problemas cos representantes municipais tratados como “entidades de segunda” ao servizo da estratexia do Partido popular e abusos de SOGAMA.

Resulta evidente, dixo, que a resolución ten moito que ver co conflito pola suba do canon “abusivo” e sobre informes “falseados”. O Partido popular, “só quere facer caixa e dálle igual que os cartos saían das arcas municipais ou a costa dos de abaixo”.

A parlamentaria salientou que a resolución da Xunta do 15 de decembro de 2014 muda as condicións de adhesión ao sistema de SOGAMA, un cambio que non contou coa participación das entidades locais nin foron escoitadas antes de adoptar decisións definitivas.

As novas condicións, explicou , “non foron pactadas coa FEGAMP” e as débedas dos concellos que manteñen un conflito coa Xunta polo cobro de SOGAMA serán retraídas do fondo local, isto, asegurou é “inxusto e arbitrario” e demostra que a Xunta non trata a todos os concellos por igual, si SOGAMA ten un impago dun concello deberá actuar independentemente da orixe da débeda e non penalizar o fondo local por aqueles concellos que non pagaron por enteder que o canon era inxusto”.

A parlamentaria do BNG acusou á Xunta de “persecución política” aos concellos que se mostraron contrarios o canon polo reclamou a colaboración económica cos municipios que impulsen outras alternativas a SOGAMA.

Finalmente, Ana Pontón lamentou o voto en contra do Partido popular á iniciativa do BNG.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG