O BNG considera que a xestión de residuos baseado no modelo Sogama non é sostible nin desde o punto de vista ambiental, nin económico e aposta por alternativas que afonden na redución, reciclaxe e reutilización e minimice a incineración.
Para analizar e compartir experiencias sobre sistemas alternativas na xestión o lixo, un delegación de alcaldes e de responsables políticos en materia de medio ambiente participan esta fin de semana en Euskadi nun programa de traballo para coñecer o funcionamento doutras alternativas que están en marcha en diversos concellos vascos para comprobar en situ como se desenvolven.
Entre os rexedores nacionalistas que participarán nesta visita estarán os alcaldes de Allariz, Riotorto, San Sadurniño ou Carnota, que coñecerán de primeira man o funcionamento da planta de compostaxe de Lapatx, que trata os residuos orgánicos domésticos dos municipios de Guipuzcoa, así como unha visita ao Concello de Hernani, exemplo de do modelo de xestión de residuos porta a porta, que ofrece índices de recuperación e de reciclaxe superiores ao 80%, en contraposición coa media galega de reciclaxe que se sitúa no 10%.
Os rexedores visitarán diversos puntos de recollida e de compostaxe comunitaria, e tanto as características en termos de poboación e tamaño dos lugares a visitar como a dimensión da propia planta de Lapatax fan que resulten de especial interese para concellos de tamaño medio e pequeno como a maioría dos municipios galegos.
O plan de residuos da Xunta prevé desde 2010 tanto a recollida porta a porta como plantas de compostaxe comarcal, pero que de momento non se materializaron no noso país. A visita faise coincidir coa celebración os días 13 e 14 en Vitoria das xornadas de Compostaenred, que tratará das últimas actuacións en compostaxe domestica e comunitaria en todo o Estado español, na que tamén participarán membros do BNG.