A deputada defendeu 10 medidas para a prevención e tratamento da violencia de xénero, porque a violencia machista "atinxe á xustiza social". Adán explicou á deputada popular, Rosa Oubiña que a violencia contra as mulleres non é unha custión privada, a violencia de xénero e moito maís que violencia directa, é "estrutural" e manifestase en forma de desiguladade e estereotipos machistas
A parlamentaria do BNG do BNG, Carme Adán defendeu na Cámara galega a táboa reivindicativa rexistrada no Parlamento por Mulleres en loita con 10 medidas asumibles polo Goberno galego contra a violencia machista.
Adán asegurou que despois de sete anos da aprobación da leis estatal e galega resulta necesario analizar que está sucedendo co seu cumprimento porque todos os datos,dixo, indican que a violencia contra as mulleres medra sen que as institucións tomen medidas. Adán lembrou que o vindeiro 25 de novembro conmemorase o Día Internacional contra a violencia de xénero e ao seu xuízo, os gobernos non priorizan nin executan políticas encamiñadas a erradicar esta lacra.
Repunte da violencia contra mulleres
As mulleres seguen sendo asasinadas e hoxe mesmo temos unha nova vítima sen que os Gobernos actúen enerxicamente con medidas inmediatas para perseguir estas condutas e sen poñer en marcha políticas que nos defendan ante os ataques machistas.
Para mudar a situación, e preciso aplicar medidas efectivas entre as que destacou: a coeducación en todos os centros e niveis de ensino desenvolvendo programas específicos para o profesorado e obradoiros nas etapas da adolescencia con proxectos formativos baixo perspectiva de xénero.
Asemade, pediu garantir a prestación económica durante todo o ano para mulleres vítimas de violencia coas cantidades necesarias que posibiliten a súa independencia real co pagamento nun prazo de 30 días das axudas tras a súa solicitude.
Por outra parte, considerou unha necesidade apremiante dotar de xulgados especializados en violencia de xénero as cidades galegas e xulgados mixtos de atención ás vítimas con persoal e recursos acondicionándoos previamente para que as vítimas non teñan que compartir as salas de espera cos seus agresores.
A nacionalista tamén reclamou incluír aos menores e persoas á cargo das vítimas de violencia machista como beneficiarias das axudas existentes. Adán considerou de urxencia apoiar o asociacionismo feminino e apostar por redes locais e comarcais contra os malos tratos.
A violencia contra as mulleres non é un feito privado, é violencia estrutural
A nacionalista, tras a intervención da portavoz popular, Rosa Oubiña que aludiu á violencia machista como "cuestión privada" criticou que o Partido popular sega utilizando esa terminoloxía e viuse obrigada a explicar que a violencia contra as mulleres sempre é "estructural".
Novas tecnoloxías, perfectas aliadas para controlar, extorsionar e acosar ás mulleres
Finalmente, a deputada incidiu nas novas formas de control das mulleres polas súas parellas sinalando que as novas tecnoloxías como: teléfonos móbiles, tablets e internet son utilizadas para acosar, extorsionar e controlar. Estas novas formas de violencia, recalcou, son preocupantes sobre todo entre a mocidade, polo que advertiu que hai que estar moi atentas e non tolerar comportamentos que, ao seu xuízo, non son máis que indicios da falta de liberdade e control que as parellas queren exercer sobre as mulleres.
A parlamentaria rematou a súa intervención reclamando a execución dun Plan de emprego feminino, xa prometido por Núñez Feijóo, cumprir a lei contra a publicidade sexista e que as forzas políticas, dunha vez por todas, sexan exemplares contra a violencia o machismo.