Adán cualifica de “irrelevante” a xestión de Beatriz Mato en Benestar

A deputada Carme Adán preguntou polas previsións do Goberno para que as persoas usuarias do sistema de dependencia non vexan reducidas as súas prestacións

Pleno.- No transcurso da pregunta da deputada do BNG, Carme Adán á conselleira de Traballo e Benestar sobre as previsións do Goberno para que as persoas usuarias do sistema de dependencia non vexan reducidas as súas prestacións, Beatriz Mato afirmou que “ o Goberno galego incrementou as partidas e prazas”.

A parlamentaria do BNG replicou que o 31,86% das persoas ás que se lle recoñeceu un grao de dependencia con dereito a prestación “atópanse pendentes” da prestación concreta que lles corresponde, isto, dixo, chámase “limbo da dependencia”. Ademais, engadiu que o número de persoas con prestacións recoñecidas “decrece” e segundo os datos do IMSERSO no último ano en Galiza “2.725 persoas menos” foron atendidas respecto o ano anterior.

Nós, afirmou a conselleira apostamos polos servizos públicos e por iso medramos as axudas a domicilios, ademais estamos a desenvolver a lei de dependencia “con calidade e con máis mellores prazas”.

Na réplica Adán acusou ao PP de desmantelar a Lei de dependencia porque “non poden derrogala”. Vostede e seu partido, engadiu , recorta a lei como demostran as cartas asinadas por Coro Piñeiro Vázquez, directora xeral de Dependencia, reducindo as prestacións. Vostede, reiterou, está privatizando as prazas e desmontando a lei de dependencia, “esa é a súa xestión, irrelevante”.

Asemade, explicou que a lei tivo un ano de aplicación polo Goberno bipartito e o PP apropiouse de 10.000 dependentes xa valorados, deixe de mirar para o pasado e non recorte a Lei de dependencia, fíxoo Rajoy co decreto do 2012 e vostedes agora continúan facéndoo.

A nacionalista preguntou á titular de Benestar se vai “aplaudir a Madrid ou asumirá a cantidade orzamentaria que lle corresponde para non reducir as prestacións nun 30,40,50 e mesmo 70%.”

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG