Adán censura que o conselleiro de Industria se ría do Parlamento e non responda

Adán diríxese ao escano trans a intervención

A parlamentaria interpelou ao titular de Industria sen acadar ningunha resposta ás preguntas formuladas sobre a construción naval civil e o dique flotante na Ría de Ferrol, actitude que a deputada cualificou de “desprezo ao Parlamento”

Carme Adán pide ao conselleiro que responda ás preguntas do BNG

Pleno.- A parlamentaria do BNG, Carme Adán amosou hoxe o seu desconcerto e malestar ante a actitude do conselleiro de Industria por non responder “a ningunha” das cuestións formuladas pola nacionalista sobre a construción naval civil.

No transcurso da interpelación a nacionalista pediu respostas concretas sobre o traspaso de Navantia ao Ministerio de Defensa, a construción do dique flotante,o cumprimento do acordo parlamentario “por unanimidade” para descentralizar a xestión de Navantia, o centro de reparacións de Ferrol e o acordo marco con Pemex, ao que o conselleiro de Industria “non contestou absolutamente a nada”.

A deputada afirmou que no ano 2013 produciuse “un mínimo histórico” en emprego, contratacións e pedidos no naval galego e o Goberno Feijóo, ante esta situación, responde cunha política de “titulares e propaganda”.

Para a deputada existe “unha folla de ruta oculta no Partido popular” para que Navantia, agora que depende de Defensa, só adique a súa actividade a construción militar.

Adán diríxese ao escano trans a intervención

Neste sentido, explicou que as declaracións de directivos de Navantia, nesta liña, “son moi elocuentes” ao igual que “os silencios cómplices de Feijóo e Conde”.

A parlamentaria nacionalista anunciou que, a pesar da actitude “escapista” do conselleiro, o BNG continuará levando ao Parlamento iniciativas en defensa do sector naval galego.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG