Adán ao conselleiro: “Cada vez máis asesores e menos industria galega”

A deputada criticou a falta de “estratexia e horizonte” do Partido popular para o sector industrial galego que xa perdeu 43.000 postos de traballo no comercio e situou a Galiza á cola do sector

Carme Adán

A deputada do BNG, Carme Adán sinalou hoxe tras a comparecencia do titular de Industria, Francisco Conde “o decrecemento” nos orzamentos para a industria galega no 2015.

Adán desmentiu que entre as prioridades da consellería figuren os anuncios formulados polo conselleiro xa que máis ben, “resultan discursos moi pouco cribles”, seguramente elaborados polas persoas do seu gabinete que é o único no que se incrementa o gasto.

43.000 postos de traballo desapareceron no sector comercial,50.000 no sector industrial e os orzamentos do ano 2015 decrecen. Non son contas para consolidar a recuperación social e económica, apostilou.

A parlamentaria tamén se referiu ao Plan director de Industria, presentado recentemente polo Presidente da Xunta ante os medios de comunicación asegurando “ser os mellores do resto de España”. Adán negou tal afirmación e destacou os datos da pobreza laboral, infantil e enerxética así como a desindustrialización que provoca a eliminación dos dereitos dos traballadores e traballadoras. Se quere os datos, revise o último informe de Caritas, espetou a deputada ao conselleiro de Industria.

A realidade da situación industrial non é 4.0, a realidade é que dende que goberna Feijóo foron “destruídos en Galiza 50.000 empregos”.

Emprendedores e emprendedoras en “baixa ou nula tecnoloxía”. Os galegos e galegas formados obrigados a emigrar

A deputada tamén criticou a realidade de empresas creadas por emprendemento desglosadas en: sen empregad@s, 53%, con 1 ou cinco postos de traballo, 39%, en innovación con “baixa ou nula tecnoloxía, 94,16%”, isto significa, recalcou, que “existe toda unha xeración de galegos e galegas formada que son obrigados e obrigadas a emigrar”. Non son mocidade e non atopan emprego en ningunha empresa en Galiza. “Esta é a realidade da Industria 4.0 que vostedes defenden”.

As liñas de traballo hoxe esbozadas van dirixidas a montar algún tipo de negocio sobre todo no comercio do que hoxe mesmo coñecemos que ten o “peor comportamento do Estado español.

 A deputada cualificou de “instrumento inútil” o Igape e preguntou en que sector estratéxico investirá a Consellería de Industria para reverter a economía galega.

 Contratos asinados enriba dos coches

Sobre o sector naval, a deputada criticou a falta do dique flotante en Ferrol e ausencia dunha “axenda” exclusiva para o naval. As empresas auxiliares teñen traballadores sen convenio colectivo e asinan, explicou, os seus contratos decididos polas empresas de traballo temporal “enriba dos coches”. O capital estranxeiro en Barreras, do que tanto presumen, está destrozando a pouca empresa auxiliar do naval que existía en Vigo.

Non é suficiente que unha consellería gaste en propagando 1.157.000 euros en Galiza Calidade, 429.000 para Galiza Emprende e asinar en agosto convenios por valor de 279.000 euros cos medios de comunicación, a súa consellería, afirmou, é unha das que máis invisten en propaganda “a golpe de talonario con cartos públicos” mentres abandona a súa responsabilidade para impulsar a economía galega, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG