Os datos do paro rexistrado de novembro son unha emenda á totalidade as política económica do PP de recortes e axustes que impón o goberno central e que na Xunta aplica con dilixencia e submisión o presidente Feijóo que, denuncia o portavoz nacional, Xavier Vence, están levando ao colapso do mercado laboral.
As políticas de recortes, recortes, recortes do PP está a converter Galiza nun páramo laboral, marcado pola destrución de emprego e pola caída imparable de afiliacións á seguridade social e iso pese a emigración masiva de xente nova, denuncia o dirixente nacionalista, quen tamén chama a atención sobre a elevada taxa de temporalidade.
Vence subliña que non haberá un cambio de tendencia aplicando a mesma receita fracasadas de recortes, redución do gasto público produtivo, baixada de salarios e precariedade, que mesmo é cuestionada agora pola UE. Imposible reactivar a economía, recuperar a demanda e o consumo por esa senda, que só conduce ao peche de empresas, a destrución do tecido produtivo e da perda de emprego, ao aumento da pobreza e das desigualdades, argumentou.
Neste sentido, o portavoz nacional se pregunta se 4.588 parad@s máis no mes de novembro e 4.100 afiliad@s menos á seguridade social son os froitos que está a recoller Galiza en termos de emprego dos que se gababa Feijóo fai apenas dous días nun mitin en Santiago, grazas a política que impulsa desde a Xunta .
En contraposición, o portavoz nacional do Bloque considera necesario unha mudanza radical das políticas económicas, da política fiscal e das políticas de servizos públicos, frear a estratexia de do PP de espolio da maioría en beneficio dunha minoría e pór en marcha unhas políticas de incremento do gasto e dos servizos públicos como motor para reactivar a demanda e a creación de emprego, concluíu.