Xornada organizada polo concello de San Sadurniño: "O tratamento dos RSU a debate"

Programa das xornadas sobre RSU San Sadurniño

Programa Xornadas RSUO vindeiro sábado 15 o concello de San Sadurniño celebrará unha xornada que leva por título O tratamento dos RSU a debate. Un problema ou unha oportunidade? , na que se debatirán sobre métodos de xestión do lixo alternativos ao modelo SOGAMA, de cara a explorar opcións que sexan máis eficaces e máis sustentábeis.

Na xornada expoñeranse exemplos de novidosos procesos de recollida e procesado dos residuos que se están a facer noutros lugares: o do concello madrileño de Rivas Vaciamadrid, baseada na valorización e reciclaxe cunha tecnoloxía que emprega vapor de auga; o da Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza, orientada á reciclaxe e á compostaxe do lixo orgánico; o modelo de Sant Sadurnì d'Anoia, que foi pioneiro na recollida selectiva porta a porta e, por último, o sistema empregado nas cidades suecas de Motala e Linköping, que fan un aproveitamento enerxético do biogás proveniente dos residuos.

Logo destas exposicións haberá unha mesa redonda moderada polo profesor da UDC Manuel Soto e á que están convidadas todas as forzas políticas con representación no Parlamento de Galiza, ADEGA e a Sociedade Galega de Historia Natural.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG