Vence: "Que fai Feijóo para evitar o espolio do aforro galego?

NGB é peza básica para o futuro do país é Feijóo ten que explicar por que deixa que se execute o espolio definitivo do aforro galego, coa privatización precipitada desta entidade. O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, pide ao presidente da Xunta explicacións e, sobre todo, que aclare se está negociando pola porta de atrás a "malvenda" de NGB.

En primeiro lugar ten que aclarar “por que o FROB e o Goberno central aceleran a 2013 o proceso para malvender NGB, cando o propio memorando da UE da de prazo ata 2017 para tomar decisións sobre o futuro da entidade, que ten que dicir disto Feijóo porque a cidadanía quere unha explicación?”, interpelou Vence.

E, en segundo lugar, “por que Feijóo está silencioso diante do espolio definitivo de NGB, está negociando en segredo algún tipo de venda de favor cos directivos das entidades españolas que queren quedarse co aforro galego ou está facendo algún tipo de xestión para defender a continuidade de NGB?

 O portavoz nacional do BNG tamén puxo en evidencia o comportamento do presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, “nacido en Santiago e criado en Pontevedra, debería explicarlle aos galegos por que salva Bankia pero deixa caer NGB”.

Banca pública galega

Vence advertiu que se venderá “a prezo de saldo ou directamente por 1 €”, unha entidade “na que puxemos 9.000 millóns de euros”, ao que habería que sumar 4.500 millóns de euros en concepto de créditos fiscais, “que son en definitiva impostos de todos e todas nós”. Isto suma un total de 13.500 millóns de euros “que van acompañar á entrega regalada a quen se quede con NGB”.

“A conversión de NGB en banca pública galega é a mellor opción para Galiza, para financiar a nosa economía produtiva. Crear unha banca pública galega é o mellor uso que se lle pode dar a eses recursos postos no rescate da entidade. Quen faga o contrario terá que explicarlle á cidadanía galega por que usa 13.500 millóns de euros  para regalar NGB”, concluíu Vence.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG