A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, explicou no pleno desta tarde a rotunda oposición do BNG á reforma local que hoxe salvaba o seu último trámite.
Davila censurou ao PP e ao Goberno por aprobar unha lei imposta pola Troika. Máis, enfatizou, afortunadamente non se vai implantar porque concellos e CC.AA non a van aplicar. Se o fixeran, os cidadáns, os veciños e as veciñas quedarían sin os servizos que se ofertan desde os concellos.
A grande débeda é do concello de Madrid
A portavoz do BNG preguntou ao PP que papel lle vai asignar a concellos de menos de 20.000 habitantes se se concentran os servizos nas Deputacións?. E criticou ao Goberno pola súa obsesión por recentralizar competencias das CC.AA e dos concellos, inmiscuíndose en responsabilidades autonómicas e locais, e dotando á Facenda da faculdade de control.
Davila subliñou que esta lei é imposíbel que se aplique, non só porque o BNG está en contra, senón porque os mesmos alcaldes do PP e presidentes de autonomías do PP se opoñen.
A deputada do BNG acusou ao PP de enganar e empregar argumentos falsos porque se escudan no défice cando as entidades locais non son as que teñen défice. Non poden endosar a todos os concellos do estado a grande débeda que tan só ten o concello de Madrid.