Rosana Pérez pide ao Goberno que non implante as "licenzas deportivas únicas"

FOTOS CONCENTRACION ANGROIS 004A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez presentou unha proposición non de lei na Cámara para que se anule do anteproxecto de lei de Racionalización do Sector Público estatal, a implantación da denominada “licenza deportiva única”.

Rosana Perez pón de minifesto que a modificación do artigo 32.4 da Lei do Deporte 10/1990, para implantar a “licenza deportiva única” vulnera as competencias das CC.AA nesa materia e prexudica a actividade deportiva en xeral, tal e como poñen de manifesto as propias federacións deportivas.

Nun seguinte punto, a deputada do BNG insta ao Goberno a abrir unha mesa de diálogo coas CC.AA e coas Federacións Deportivas Territoriais, así como con colectivos do ámbito deportivo.

As Federacións Deportivas Terrotoriais están en contra

Rosana Pérez explica que o Consello de Ministros do 17 de xaneiro pasado aprobou dito anteproxecto que estabelece as licenzas deportivas únicas. Segundo a pretendida modificación normativa, unha vez que se obteña a licenza deportiva única se habilita ao seu titular a participar en calquera competición oficial, sexa estatal ou autonómica.

“Ademáis de vulnerar competencias autonómicas e quebrantar o actual modelo deportivo, na tramitación da citada norma ignorouse a opinión das Federacións Deportivas Territoriais, así como a doutros colectivos de deportistas”, sinala a deputada do BNG.

Rosana Pérez afirma que a modificación que pretende o Goberno central conculca o recollido no Estatuto de Autonomía de Galiza, e na Lei do Deporte galega. Asemade, faise eco dos argumentos das Federacións que sinalan que “a actual normativa permite acadar acordos en materia de emisión de licenzas entre Federacións Territoriais e as estatais.

Enfatiza que as Federacións deportivas como as de Galiza, que son as que promoven o deporte de base, opuxéronse a esta medida que consideran vai en perxuizo do deporte en xeral.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG