Prado: “O problema da Sanidade galega non é a falta de recursos, é a política do PP”

A deputada do BNG, Montse Prado lamentou a posición do Partido popular por “ideolóxica, indigna, inxusta e inhumana ” contra os enferm@s con patoloxías crónicas non hospitalizados

Montse Prado interpela á conselleira de Sanidade

O problema non é falta de recursos, “o único problema da Sanidade pública é o PP”, afirmou a deputada do BNG Montse Prado na súa interpelación á conselleira de Sanidade.

Para a nacionalista, un goberno que toma este tipo de decisións cos máis débiles, “retratase e demostra ata onde está disposto a chegar” porque penalizan as persoas enfermas, deixan fora do financiamento máis de 400 fármacos, soben o prezo dos medicamentos fora de catálogo, recortan os servizos sanitarios, reducen profesionais e agora, “atacan aos enferm@s crónic@s”, co copago de medicamentos en boticas hospitalarias.

Na súa intervención, a deputada criticou as afirmacións de Rocío Mosquera porque indican, dixo, que segundo o PP parece que lle están facendo vostedes un favor a estes doentes e a realidade é que os medicamentos son dispensados nas boticas hospitalarias por estar sometidos a un “estrito control”. As medidas que aplica o Partido popular na sanidad responden a “unha escolla ideolóxica pura e dura”, manifestou.

Os afectad@s da sanidade son persoas non son números nin balances

A parlamentaria responsabilizou ao Goberno galego, e nomeadamente á titular de sanidade, do “sufrimento que padecen miles de persoas polas políticas lesivas do Partido popular”.

As súas políticas, van contra persoas das que algunha se ve obrigada a acudir a un programa de televisión a denunciar a súa situación reclamando solidariedade mentres a administración non “move un dedo” para facilitarlle unha mínima calidade de vida.

Vostedes non solucionan estas situación e o grave é que saben que o están facendo mal, “non por inocencia”, fano sacrificando os dereitos da maioría en beneficiou duns poucos.

A deputada reiterou a súa pregunta e requiriu da titular de sanidade unha resposta sobre como é posible que un goberno poda tolerar o sufrimento dos seus cidadáns e cantas persoas deixaron de recoller os medicamentos receitados. “Non agochen o dato” porque nós sabemos que é “escalofriante”, denunciou.

Pola súa parte, a conselleira de sanidade obviou na súa intervención a pregunta da nacionalista .

Prado concluíu acusando ao Goberno galego de “falta de valentía” por non atreverse a plantar cara ao Goberno de Madrid contra a invasión de competencias e non defender as persoas enfermas graves. No BNG, dixo, lamentamos a posición do Partido popular que segue beneficiando aos “mercaderes” coa enfermidade. “O problema da Sanidade pública en Galiza non é a falta de recursos, o problema son vostedes”, reiterou.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG