parlamento galego

O PP vota en contra de vacinar o antes posíbel ás persoas coidadoras non profesionais como propón o BNG

Olalla Rodil
Olalla Rodil

Olalla Rodil critica que a xefa de DomusVi fora  vacinada  coas dúas doses, mentres unha nai que coida na casa  do seu fillo,  co 81% de discapacidade e unha enfermidade rara, non figure no Plan de vacinaciónLamenta que o PP siga con escusas, cando 9 Comunidades autónomas xa o fixeron

A deputada do BNG, Olalla Rodil defendeu hoxe unha proposición non de lei para incorporar , o antes posible, no Plan de vacinación ás persoas coidadoras/es informais de persoas dependentes.  Persoas que coidan sen un contrato laboral e habitualmente, familiares das persoas dependentes ou con discapacidade.

A proposta do BNG non prosperou polos votos en contra do grupo do Partido popular.

Na defensa da indicativa, Rodil recalcou que as persoas coidadoras, non profesionais ou informais, atenden a outras persoas dependentes ou familiares. Falamos, dixo, de persoas que “non comen por si soas, non poden ir ao baño ou ducharse soas e en moitos casos,  son nenas e nenos, adolescentes ou teñen menos de 30 anos e dependen dunha persoa da súa familia para facer o máis básico”.

Son persoas, recalcou que, asumen o coidado de grandes dependentes e  da mesma maneira que unha auxiliar do SAF ou unha xerontóloga nunha residencia; pero non aparecen no Plan galego nin na Estratexia do Estado. No caso do Estado, dixo,  mesmo son excluídos e precisamente, nesta estratexia  é na que se “escuda a Xunta” para xustificar que as coidadoras e coidadores non profesionais non sexan vacinadas, porque a Estratexia estatal non as contempla,  O certo é que outras CCAA incluíron ás persoas coidadoras informais como prioritarias como: Aragón Euskadi, Navarra,  Madrid, Illes Balears, Valencia, Castela A Mancha e Cataluña.

A parlamentaria insistiu en que 9 Comunidades autónomas, “xa o están facendo” porque  entenden que unha nai ou un pai que coidan do seu fillo dependente ou dunha irmá e teñen un risco elevado de contaxiarse e contaxiar pero cun engadido; se algún deles ten que corentenarse ou enferma e ten que ingresar nun hospital, non hai lista de contratación da que tirar. Sobre todo, en “familias monoparentais que continúan sen axuda de conciliación fronte á Covid19” porque o Partido Popular votou en contra.

A Xefa de DomusVi vacinada  xa coas dúas doses

“É difícil explicar como a xefa de DomusVi está vacinada, xa e coas dúas doses,  pero unha nai que coida na casa  do seu fillo cun 81% de discapacidade e unha enfermidade rara,  non pode e ademais todo son problemas, atrancos e impedimentos”, criticou a nacionalista.

Dende o BNG propoñemos  que, neste punto da campaña de vacinación, a Xunta inclúa, á maior brevidade posíbel, ás coidadoras/es informais, non profesionais, no plan e que o faga pensando especialmente nas e nos menores grandes dependentes.

En Galiza hai máis de 13.000 persoas que están dadas de alta na Seguridade Social como coidadoras informais, de acordo co previsto na Lei de Dependencia, pero sabemos que son apenas unha mínima parte das que coidan de persoas dependentes e con discapacidade no noso país. Rodil, lamentou, que o PP impedirá que prosperara a iniciativa nacionalista e pediu que non continúe “escudándose” na estratexia do Estado e deixando indefenso ante a COVID a este colectivo.

 

 

Máis en Novas
Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG