O PP vota en contra da iniciativa do BNG para modificar o IRPF das persoas en ERTE

Noa Presas
Noa Presas
Noa Presas afirmou que a proposta de Facenda de fraccionar o pago en seis meses “non vai resolver o problema de liquidez”

A  portavoz en materia de economía do BNG, Noa Presas instou hoxe á Xunta a elaborar un estudo para a súa presentación no Parlamento galego, no prazo de dous meses,  sobre  o impacto  do  IRPF nos  sectores máis precarizados e  co fin de  a aprobar propostas no ámbito das súas competencias e demandar  ao goberno central a modificación a lei do Impostos sobre a Renda de Persoas Físicas aumentando o límite a 22.000 euros anuais  se a suma das cantidades percibidas do segundo e restantes pagadores, por orde de contía, non supera no seu conxunto a cantidade de 8.000 euros ao ano. A proposta nacionalista foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.

A parlamentaria do BNG explicou que a realidade económica galega mudou e os umbrais do IRPF que no seu día podían ter un sentido para  profesións liberais e persoas pruriempregas, hoxe en día converteuse “nunha cláusula que penaliza as capas máis pobres”. A  consolidación do traballador ou traballadora pobre “é unha realidade” por mor dunhas circunstancias  extraordinarias, unha  realidade, dixo, que nos debe  levar a unha “profunda reflexión”. O sistema do IRPF contén unha parte obxetivable pero existe unha distorsión no umbral que explicou a través do  exemplo dunha persoa traballadora  do sector do comercio que durante este ano non se acollera a un ERTE e cobrera 15.000 anuais e outra suxeita a un  ERTE coa mesma contía e superando os 14.000 euros, “unha deberá facer  a declaración pero outra non” e aí, dixo a deputada está a “distorsión”.

Parafrasentado o titular dun recente artigo publicado nun medio de comunicación afirmou que “ esta campaña vaise cebar cos máis pobres da pandemia” e a proposta de Facenda de fraccionar o pago en seis meses “non vai resolver o problema de liquidez”, polo suxeriu ampliar a longo prazo o pagamento requirido.

Por outra banda, lembrou que se vai producir “un incremento” na recadación tributaria nun contexto de crise sen precedentes” e ao tempo constatamos como vai recaer nos máis afectados.

 É necesario abordar medidas “a curto prazo” e indicou que o máis urxente é incrementar o umbral de 14.000 a 16.000 euros ou 17.000 ou os 22.000 que homologarían a un só empregador ao que sumou pasar do limiar de 1.500 a 8.000 euros anuais.

A deputada lamentou que o Partido popular rexeitara a elaboración do estudo proposto polo BNG para recadar a información necesaria e  iniciar  as medidas oportunas. Na súa opinión, “o problema non se vai resolver neste exercicio nin no seguinte” e desgraciadamente ás persoas máis afectadas pola pandemia agora deben enfrontarse a pagos de impostos que provocarán unha maior inestabilidade económica.

A nacionalista lembrou que o mércores 7 de abril iniciouse oficialmente a campaña da renda e comprobamos como “nun ano e nun mes de crise sanitaria e económica non  houbo previsión por parte do goberno do Estado e tampouco unha actuación proactiva por parte da Xunta de Galiza”.

Presas explicou que durante o ERTE, o SEPE fai o pagamento e o  lóxico  sería que o propio SEPE tamén fixera a  retención  ao igual que  unha  empresa privada, pero por regra xeral esta retención é mínima ou inexistente. Neste  contexto, de media un traballador en ERTE perde un 30 ou 40 por cen do salario ao mes e  moi probablemente a maioría teña que pagar contías entre os 1.000 ou 2.500 euros.          

Alguén que non estaba a facer a declaración porque  ingresaba 17.000 euros ao ano agora terá que facela  por  ingresar 14.000 de dous petos diferentes e unha persoa cun só pagador “non tería que presentar a declaración da renda”.

Deben pagar os que máis  teñen e  non sancionar ás persoas en situación de maior vulnerabilidade, concluíu a nacionalista.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG