Pontón pide a Agustín Hernández que “alce a voz” e defenda a Galiza ante a ministra de Fomento

A parlamentaria acusou ao conselleiro de Ordenación do Territorio de falsear a realidade e non falar con concreción dos verdadeiros problemas de seguridade viaria en Galiza

Ana Pontón diríxese ao escano

 A deputada do BNG, Ana Pontón pediu hoxe ao conselleiro de Ordenación do Territorio, Agustín Hernández que “alce a voz” e defenda a Galiza ante a Ministra de Fomento.

A nacionalista amosou todo o seu apoio a aquelas persoas que tiveron a desgraza de seren vítimas dun accidente de tráfico, tanto aquelas que sofren consecuencias físicas como aos seus familiares.

Para a deputada, os recortes do Goberno afectan a seguridade nas estradas e no ferrocarril, solidarizámonos, dixo, cos afectados do accidente de Angrois e vostedes teñen unha débeda “moral e política” con todas as vítimas.

Pontón reprochou ao conselleiro ter feito unha intervención cos “datos parciais” porque os datos definitivos do ano 2013, afirmou, non están publicados en ningures, ven vostede aquí para dicirnos que estamos no mellor dos mundos posíbeis, e nós nos estamos dacordo.

A deputada tamén preguntou entre outras cuestións, polo impacto do incremento nas peaxes, cales son as vía máis seguras, como avalía o conselleiro as estradas da rede do Estado cun pésimo nivel de conservación e se o goberno ten previsto novas medidas de seguridade para as persoas que viaxan en bicicleta, en moto ou peóns así como a opinión que lle merece o incremento da velocidade nas vías.

Intervención de Ana Pontón

Estas son preguntas, dixo a nacionalista con respostas concretas e non a comparecencia “virtual” que acaba vostede de facer na que confunde o Parlamento con vir a darnos unha rolda de prensa.

Sobre o servizo do ferrocarril, Pontón denunciou a supresión de servizos de cercanias, vostede, “ten memoria selectiva para acordarse dos erros do ministro Blanco pero obvia as decisións de Ana Pastor.”

O seu goberno, engadiu, o primeiro que fixo foi eliminar servizos de ferrocarril mentres vostede, “aplaudía coas orellas”. Esa é a tristeza deste País, temos un goberno na Xunta de Galiza que en troques de defendernos non reclama que paralicen os recortes do ferrocarril.

Por outra parte, a deputada tamén negou que dentro das previsións da Xunta figuren ampliar os servizos de autobuses, “nos orzamentos da Xunta non hai recursos para esta ampliación e vostede sigue vindo aquí a facer demagoxia con este asunto”.

Finalmente a parlamentaria referiuse á falta de recursos para a conservación de estradas, “é unha trampa estatística, a realidade é que teñen menos cartos e o peso práctico desas políticas é menor”.

A deputada concluíu acusando ao conselleiro de “frivolidade” por non aportar datos reais sobre a seguridade viaria e confundir o Parlamento cunha rolda de prensa de propaganda.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG