Xerais 2023

Noa Presas chama a concentrar o voto feminista no BNG “como garantía para frear a dereita e avanzar en dereitos”

Encontro feminista
Encontro feminista

“Estamos a disputar o último escano co PP. O voto útil nestas eleccións e o voto ao BNG” afirma

“Impulsaremos a implantación de permisos iguais e intransferíbeis para pais e nais e a súa extensión ata o ano de duración, así como ampliaremos a protección das familias monoparentais” asegura

Creación dun xulgado exclusivo de violencia de xénero en Ourense, mellorar o sistema de protección das mulleres en situación de violencia machista, cumprir o Convenio de Istambul e aumentar os fondos destinados ao Pacto de Estado contra a violencia machista: entre as prioridades do BNG

A cabeza de lista do BNG, Noa Presas, participa dun encontro feminista na cidade de Ourense acompañada polas candidatas da organización nacionalista, Laura Pérez e Antía Pousa. A frente nacionalista eríxese como muro de contención fronte a quen “intenta negar a violencia machista e quere arrebatar dereitos conquistados” e chama a concentrar “todo o voto feminista no BNG como garantía para frear a dereita e avanzar en dereitos”.

“Nestas eleccións xogámonos frear esa dereita que quere devolvernos ao machismo e frear eses retrocesos que ameazan a nosa igualdade” apunta a cabeza de lista. Presas sinala que o BNG irá a Madrid con dous obxectivos chave: “facer valer Ourense e facer valer os avances sociais”.

Neste sentido, Presas enumera os compromisos do BNG en materia de igualdade e para a loita contra a violencia machista. Neste sentido, a cabeza de lista demandará o cumprimento dos acordos asinados para a creación dun xulgado exclusivo de violencia machista en Ourense. “Queremos dar cobertura ás máis de 400 mulleres que, nesta parte do País, están cunha orde de protección porque están ameazadas” afirma.

Propón, tamén, incrementar os fondos destinados ao Pacto de Estado contra a violencia de xénero posto que, os actuais, “non cumpren cos criterios que necesitaría Ourense para cubrir o seu despoboamento e o seu avellentamento”. Neste sentido, tamén exixirá facer cumprir o Convenio de Istambul, revisando a lexislación vixente, e mellorar o sistema de protección das mulleres en situación de violencia machista.

“Precisamos avanzar en conciliación por iso o compromiso do BNG é estender os permisos iguais e intransferíbeis para pais e nais, así como a súa extensión ata un ano de duración ou ampliar a protección das familias monoparentais” afirma Presas. Do mesmo xeito, propón o impulso de políticas de apoio á conciliación persoal e de coidados, incluíndo a compensación económica das reducións de xornada.

BNG como alternativa á discriminación que sofre Ourense

“Continuamos cunha campaña electoral intensa e fainos sentir que este BNG está máis forte ca nunca e imos sumando apoios” sinala Presas após o mitin central realizado no Teatro Principal da cidade. En Ourense, continúa, o BNG está a disputar o último escano co Partido Popular e apela a “concentrar no BNG ese voto rebelde e inconformista, o voto da xente que quere máis feminismo e máis avances sociais mais, sobre todo, apelamos a concentrar o voto no BNG das persoas ás que lle doe Ourense e a discriminación á que sempre nos levan os gobernos do PP e o PSOE”.

“O BNG somos a alternativa para que Ourense por fin deixe de perder e gañe. O voto útil en Ourense é o voto ao BNG porque é quen pode frear o avance da dereita e quen pode garantir avances sociais” conclúe.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG