Montse Prado: “A sociedade saharauí está mobilizada ilegalmente de maneira pacifica”

A deputada realizou unha visita ao territorio saharauí co intergrupo parlamentario galego onde se entrevistou con destacadas asociacións pola defensa dos dereitos humanos e autoderminación

Delegación parlamentaria para valorarar a viaxe ao Sahara

A deputada do BNG, Montse Prado narrou hoxe ante os medios de comunicación a vixiancia á que estivo sometido por parte dos corpos de seguridade marroquís o intergrupo parlamentario galego no Sahara.

Durante a súa estadía, o interprupo parlamentario, mantivo diversas reunións cos membros das asociacións consideradas “ilegais” por Marrocos ao fin de recadar información sobre a actual situación do pobo saharauí.

Máis de 20 entrevistas con asociacións que loitan polos dereitos humanos e a autoderminación do pobo saharauí

Familias de persoas desaparecidas, grupos de saharauís sen papeis, comité de presos/as, Asociación de Xustiza e Dignidade, Colectivo Saharauí de Dereitos Humanos ou representantes da defensa da autoderminación do Sahara transmitiron as súas reivindicacións ao intergrupo parlamentario galego composto pola deputada do BNG, Montse Prado, Carme Gallego, PSdeG, Xabier Ron, AGE e Gonzalo Trenor do Partido popular.DSC_0180

O pobo saharauí nos territorios ocupados e os seu dirixentes, explicou Prado, decidiron no ano 2005, tras anos de incumprimento das resolucións internacionais, pasar a “unha acción intensa de visibilización”, como dun campamento cerca do Aiún no ano 2010 con 20.000 persoas durante 28 días para denunciar a situación.

Arriscáronse, dixo, reuníndose con nós pero están dispostos a enfrontarse á ditadura de Marrocos e a nosa visita enmarcase dentro desa estratexia de visibilización.

Constatamos como policías, militares e paramilitares así como membros da policía secreta marroquí vixiaba os nosos movementos e as persoas coas que nos entrevistamos, “non impediron o noso traballo”, afirmou a nacionalista, aínda que en todo momento sentímonos vixiados a pesar da recepción das autoridades marroquís á nosa chegada coa intención de ofrecer no exterior “unha imaxe de normalidade”.

Primeira vez que parlamentarios/as galegos entran nos territorios ocupados por Marrocos no Sahara

A deputada do BNG confía en que a visita do intergrupo parlamentario galego non ocasione represalias ás persoas coas que mantiveron contacto xa que “foron gravadas” e a situación non goza de normalidade ao negarse Marrocos a recoñecer a súa legalidade.

Na rolda de prensa ofrecida hoxe, o Delegado en Galiza do Pobo Saharuí agradeceu a visita d@s parlamentarios galegos agardando unha próxima visita do mesmo grupo aos campamentos de refuxiados saharauís e a zona liberada do Sáhara Occidental controlada polo Frente Polisario e a República Saharauí.

Habibullah Mohamed Kuri confiou en que ao igual que o Goberno sueco declarou o recoñecemento da República saharauí tamén sexa recoñecida polo resto de gobernos autónomos do Estado español para esixir a “solución política que necesitamos”.

A responsábel de Solidariedade galega co pobo saharauí agradeceu a visita da delegación galega ao Sahara porque darán testemuño do que alí acontece.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG