Montse Prado reclama un cambio da política informativa na RTVG

Na presentación dos orzamentos da CRTVG para o 2014, a deputada do BNG asegurou que o “PP non está comprometido cos medios públicos”, utilízaos no seu proveito

Montse Prado critica a manipulación informativa da RTVG

A parlamentaria do BNG, Monste Prado volveu rexeitar hoxe, na Comisión que debate os orzamentos da CRTVG, “a manipulación informativa e uso partidista do Partido popular da Radio Televisión de Galiza”.

Tras a intervención do director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, a nacionalista recalcou o total apoio do BNG aos traballadores e traballadoras dos medios de comunicación públicos que desenvolven o seu traballo “a pesar das presións” e amosouse crítica co “servilismo gobernamental da dirección da RTVG”.

Con estes orzamentos, preguntou, o colectivo de traballdor@s verá modificadas as súas condicións laborais?, pregunta que o titular da CRTVG obviou na súa segunda intervención.

O Partido popular “non apoia os medios públicos”, utilízaos no seu favor.

O PP “non apoia os medios públicos” e para mostra, dixo os orzamentos da CRTVG inmersa nun proceso de descapitalización, máis recortes, fracaso da política comercial, unha partida “irrisoria” de 300.000 euros para convenios con entidades externas, menos ingresos, menos apoio ao audiovisual e ao persoal. O Goberno galego, ironizou, debería compensar doutra maneira a un medio tan “servil e progobernamental”.2 (2)

Insisten, vostedes, explicou, nun modelo de orzamentos semellante ao de anos anteriores, con recortes no gasto e investimento e o BNG xa advertiu que de non mudar a orde de prioridades, o resultado será de “claro retroceso” en parámetros de audiencia.

Sobre esta cuestión asegurou que os pronósticos do BNG cumpríronse xa no primeiro trimestre do ano 2013 cunha baixada de audiencia ao 10 por cento, entrando nunha zona de “risco” que debería facer saltar todas as alarmas.

Audiencia expulsada da programación da Tele e Radio galega

Para o BNG, “non son aceptables” os niveles de audiencia da Radio e Televisión pública porque evidencian a “expulsión de sectores fundamentais” que se senten “excluídos” da programación e sobre todo dos servizos informativos.

“A audiencia media da Televisión de Galiza no ano 2008 era do 15,5 por cento e dende que vostede chegou perdeu o 22 por cento”, a pesar destes datos, criticou Prado, a dirección da CRTVG segue sen presentar propostas para mudalos e presenta uns “orzamentos máis restritivos”, defendendo que con menos cartos manterán o mesmo modelo e obxectivos.

Prado preguntou as razón do incremento de 700.000 euros a 1.200.000 para continxencias así como o aumento en servizos exteriores da Radio Galega para relacións públicas e publicidade que pase de 3.000 euros a 26.000.

Finalmente, a nacionalista tamén se referiu a ausencia de partida orzamentaria para a reestruturación da CRTVG prevista no mes de xaneiro, “non sabemos como se vai aplicar” se non hai financiamento, concluíu.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG