Montse Prado apela aos dereitos d@s traballador@s contra a precariedade laboral

Sandra González, alcaldesa de Tomiño, apoiandos @s estafad@s das preferentes do Baixo Miño

A deputada denuncia “condicións laborais inasumibles” para @s traballador@s das obras do AVE e lembra que o vindeiro domingo celebrase o Día Internacional da Seguridade e Saúde no Traballo

A deputada do BNG, formulou hoxe, unha pregunta en comisión, sobre o falecemento dun traballador na madrugada do día 2 de abril nas obras do Ave no túnel de Porto entre Vilar de Barrio e Laza.

Na súa intervención, Prado lembrou que o vindeiro domingo, 28 de abril, celebrase o día Internacional da Seguridade e Saúde no Traballo, día que o sindicalismo internacional escolleu para reivindicar medidas que melloren a actividade laboral e volveu rexeitar unha Reforma laboral que incrementa o desemprego e conduce á cidadanía “á pobreza”.

A parlamentar preguntou ao Goberno que medidas de control se están a plicar  para que @s traballador@s das obras do AVE realicen a súa actividade con todas as garantías ante as “numerosas denuncias por incumprimento da normativa laboral e contra a siniestrabilidade”.

A Xunta segue mirando para outro lado

Trala resposta do director xeral de Industria, Bernardo Tahoces que non aportou as conclusións das causas do accidente do traballador do AVE por “estar en curso a investigación”, a deputada reiterou que os accidentes laborais na construción responden “ao exceso de xornadas, falta de inspeccións e inseguridade”.

Estas circunstancias, dixo, colocan ante “auténticas agresións á clase traballadora”, unha realidade constatada polo continuos sinistros rexistrados dende o comezo da construción do AVE no noso país.

A parlamentaria tamén recordou que, “desgraciadamente”, moitos dos accidentes laborais rexistran vítimas mortais denunciados de maneira reiterada polos sindicatos e concretamente pola CIG, denuncias ante a Inspección de Traballo derivadas da precariedade laboral nesta infraestrutura pública que responden a “falta de descanso, xornadas abusivas con quendas de 10 e 12 horas, falta de condicións de seguridade e saúde e condicións laborais insalubres”.

Numerosas denuncias contra a precariedade laboral

Prado engadiu que ás denuncias tamén se refiren ao ambiente no que realizan a súa activade os traballadores, “ espazos confinados, grandes focos que deslumbran, manexo de explosivos, manipulación de substancias químicas perigosas e condicións de riscos laborais”.

Dende o BNG, manifestou, lamentamos que as obras sexan contratadas con grandes empresas e UTEs que logo subcontratan nas que @s traballador@s son obrigad@s a realizar horas extras en vez de contratar a máis persoal o que deixa a “moita xente sen emprego”.

A deputada considerou que “non se está a cumprir o convenio no sector da construción” e a Xunta segue “mirando para outro lado” sen poñer en marcha “medidas correctoras” e preguntou se @s traballador@s cobran os pluses de nocturnidade e perigosidade.

Prado concluíu a súa intervención afirmando que “tres accidentes en dous días” non garanten a seguridade porque no no fundo, dixo, o “único que lle importa á administración é cumprir os prazos  de maneira barata aínda que @s traballador@s queden no camiño”.

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG