Miranda aposta por consolidar as relacións UE-Mercosur

O BNG participa na Delegación Mercosur da Eurocámara desprazada a Uruguai e Arxentina para impulsar o as negociacións do acordo de asociación estratéxica Unión Europea-Mercosur, integrada por un grupo de traballo de eurodeputados e eurodeputadas,  entre elas a nacionalista Ana Miranda.

Esta delegación da Eurocámara iniciou a visita en Montevideo, onde mantivo unha reunión co presidente da República do Uruguai, José Mujica. No encontro, Miranda transmitiulle a necesidade de impulsar o acordo bilateral UE-Mercosur paralizado desde 2004, e a vontade de afondar nas relacións políticas, económicas, culturais entre a Unión Europea e o país americano.

A eurodeputada nacionalista tamén lle transmitiu ao presidente Mujica un saúdo do novo portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, e referiuse á estreita relación que a formación nacionalista mantén co Frente Amplio, partido de esquerdas que goberna no país do Río da Prata. Un país, salientou Miranda, que presenta en materia de igualdade, benestar social e progreso económico, felicitando ao presidente Mujica por eses logros. Igualmente,  referiuse aos vínculos entre Galiza e Uruguai, especialmente pola emigración entre ambos países durante décadas.

Miranda salientou que o acordo Mercosur-UE "necesita un empuxe político, porque a Europa que queremos contruír non pode ollarse só así mesma, tamén se configura en base ás relacións políticas e económicas que promove con resto do mundo".

A delegación do Parlamento Europeo tamén se despraza a Bos Aires, onde manterá encontros coas autoridades de Arxentina.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG