A deputada do BNG, Rosana Pérez, realizou unha primeira avaliación do anteproxecto de Lei para a Protección da Seguranza Cidadá, á espera de coñecer pormenorizadamente o seu contido, sinalando que esta lei sobra, non é unha lei necesaria e só resposta ás ansias do PP por censurar e acalar calquera manifestación de crítica social.
Para Rosana Pérez non facía falla lexislar neste ámbito dado que existe lexislación máis que suficiente. Ao PP moléstalle a crítica crítica social, moléstanlle as manifestacións, as concentracións, os actos de protesta e a liberdade da cidadanía a poder exhibir o seu malestar por unhas políticas que lles están rebaixando a calidade de vida até níveis nunca vistos. Unha lei que, con toda previsión e após de escoitar ao Ministro de Interior esta semana no Congreso, atentará contra os dereitos fundamentais recollidos na Constitución.
O PP quer un réxime policial
O anteproxecto de lei para a Protección da Seguranza Cidadá xerou unha grande oposición e críticas por parte de organizacións políticas, expertos constitucionalistas, entidades sociais e persoas do ámbito da xustiza pola súa pretensión de militarizar a sociedade, perseguer aos cidadáns no exercicio da súa liberdade de expresión, tratando de formar unha sociedade extremadamente vixiada, instaurar un réxime policial propio dos tempos da Inquisición.
Para Rosana Pérez o nú gordiano non está no feito de retocar as durísimas pretensións iniciais do PP, limitando os cambios a multas menos onerosas ou a variacións eufemísticas, a cuestión está na mesma filosofía da lei, unha norma que anuncia máis represión, máis control, máis vixianza, menos liberdade e que ten por obxectivo infundir temor, medo, funcionando como un elemento disuasorio para que os cidadáns pensen dúas veces antes si deben ou non protestar diante do Congreso.
A parlamentar do BNG deixa claro que a formación nacionalista galega se vai opór rotundamente a esta nova lei que forma parte do corpus máis represor do PP. Unha democracia non se pode defender desde leis que cercenan a liberdade cidadá. É unha norma innecesaria, a resposta do PP ante as cada vez máis crecentes demostracións cidadanas de malestar polas súas políticas de recortes.