A Lei de Corresponsabilidade do BNG impulsa o reparto equitativo entre homes e mulleres

Carme Adán

Carme Adán explicou que a lei nacionalista avanza na loita contra a discriminación laboral, desenvolve a igualdade e insta aos poderes públicos á sensibilización e formación no eido da corresponsabilidade

Carme Adán

A deputada do BNG, Carme Adán presentou hoxe ante os medios de comunicación a Lei de Corresponsabilidade do BNG destinada a acadar “o principio real de Igualdade” e avanzar na loita contra todo tipo de discriminación por razón de sexo.

Adán, despois de manifestar a súa condena a “todo o retroceso” que están a vivir as mulleres galegas no ámbito laboral, dereitos sociais, sexuais e reprodutivos, denunciou que en cinco anos as políticas sociais do Goberno galego pasaron a ser “meramente residuais”.

O día 8 de marzo coñeciamos os informes da Secretaría dos sindicatos sobre a situación das mulleres galegas: “traballo vulnerábel, 132.000 desempregadas e 58.000 mozas galegas emigradas”.

Diariamente, 32 mozas abandonan Galiza para buscar traballo fora

Neste sentido, abondou na realidade das mulleres máis novas obrigadas a abandonar Galiza na procura dun posto de traballo, “cada día emigran 32 mozas en Galiza” para facernos unha idea, dixo, é como se diariamente unha clase de instituto desaparecera.

Carme Adán

Esta “alarmante situación” constata a inexistencia de políticas efectivas do Goberno Feijóo para impedir o éxodo masivo das mulleres mozas, “ o talento feminino emigra e os datos de desemprego incrementase” é necesario abordar este grave problema e sobre todo, aportar alternativas.

Dende o BNG consideramos que non é o momento de falar “en abstracto” de demografía e maternidade tal e como está a facer o Partido popular cunha “restritiva lexislación”. Hai que abordar medidas concretas que favorezan a igualdade e a incorporación das mulleres ao mercado laboral, recalcou.

A lei do BNG incide en medidas para facilitar a incorporacións das mulleres ao mercado laboral e a independencia económica

Esta lei persegue tres obxectivos básicos: fomentar o coñecemento da corresponsabilidade e a importancia nas tarefas e coidado que competen a homes e mulleres, (tarefas do fogar nas que os homes empregan 40 minutos fronte as 4 horas das mulleres), medidas para facilitar a incorporación das mulleres ao mercado laboral a través de servizos públicos comunitarios, escolas infantís “públicas e gratuítas de 0 a 3 anos, desenvolver a lei de dependencia dotándoa de máis prazas de día e residencia e, finalmente, obrigar á Xunta ao equipamento no ámbito da corresponsabilidade e negociación colectiva para non penalizar ás mulleres pola súa maternidade.

En crise económica a corresponsabilidade crea postos de traballo

A deputada asegurou que nun momento de crise, a corresponsabilidade “crea emprego” a través de políticas de incorporación das mulleres ao mercado laboral, “agora é mais necesario que nunca, afirmou, denunciar o retroceso das mulleres que perden o posto de traballo por ter que coidar aos nenos e persoas maiores”.

Adán rematou criticando o triunfalismo de Núñez Feijóo na celebración do 8 de Marzo, Día Internacional das mulleres, “ de maneira ritual e con grandes frases” cando a realidade é que moitas mulleres galegas teñen “graves dificultades para chegar a fin de mes e contar cunha praza de escola infantil para o seu fillo e filla”.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG