José Bové en Santiago: "Faltan 25 días para que a compañeira Ana Miranda sexa elixida eurodeputada"

MIRANDA BOVE VENCE PHOTHCALL EN VIGO (1 MAIO 2014)O líder altermundialista e campesiño José Bové, candidato á presidencia da Comisión Europea polo Grupo Verdes/ALE, -cuarto grupo da Eurocámara e no que está integrado o BNG-, desprazouse a Galiza para dar o seu apoio á candidata nacionalista, Ana Miranda, cuxo traballo no Parlamento Europeo salientou na comparecencia ante os medios en Vigo.

“Estivo presente tanto nos plenarios como nas comisións do Parlamento Europeo, tanto en Bruxelas como en Estrasburgo e isto é moi importante porque hai moitos eurodeputados ausentes. Ana sempre estivo alí de luns a venres, a tempo completo e sempre defendeu a Galiza en todo momento, unha persoa con raíces na súa convicción e no combate e por iso cando me pediu vir aquí, eu dixen que si, sen pensalo dúas veces porque o seu traballo é exemplar”, declarou Bové.

Primeiro en Vigo, e máis tarde en Santiago nun acto no Museo de Pobo Galego, o líder agrarista deixou claro que o seu grupo parlamentario Verdes/ALE “defende unha Europa das nacións e dos pobos, en contraposición ao actual modelo dos Estados”, subliñando que “a diversidade dos pobos é esencial para o noso modelo de Europa”. Apostamos por unha Europa dos pobos e dos territorios, por unha Europa social fronte ao fracaso desta Europa estatal”, recalcou.

25 días para que Miranda sexa eurodeputada

Ante unha nutrida representación de militantes e simpatizantes nacionalistas, incluídos representantes do sector agrario e ecoloxista do país, Bové subliñou que o BNG "é unha forza política ligada á terra” e instou “a unir forzas para loitar contra a crise, porque defendemos a nosa terra, a nosa casa e non podemos deixar que nola rouben”, dixo, tras facer un chamamento a participación “porque queda só 25 días FOTO BOVE MIRANDA ACTO AGRO ECOLOXICO EN SANTIAGO 1 (1 MAIO 2014)

Bové foi contundente na denuncia do actual modelo de Europa marcada pola políticas que impón á Troika “que nos leva á catástrofe mediante a aplicación dun modelo neoliberal, no que os cidadáns máis pobres son os que pagan a crise causada pola banca e o ladrillo”, salientou.

Austeridade, opción dos Estados contra os pobres

“A austeridade é unha resposta política dos Estados á crise provocada pola banca co obxectivo de rescatar a esta banca a costa de reducir os orzamentos sociais, en sanidade, pensións e todo iso acompañado dun aumento do desemprego. Incluso os economistas do FMI admiten que non é a solución”, denunciou. “Precisamos un plan de investimentos europeo”, argumentou, que financie a economía produtiva, e perseguir a fraude fiscal a maioría en paraísos fiscais”.

Bové denunciou que esa fraude inclúe ás grandes transnacionais, que tampouco pagan os impostos que deben. “A xente está indignada, rebélase porque ve como lle quitan o pouco que teñen mentres unha minoría se enriquece impunemente”, dixo, e lamentou que “non haxa tribunais que xulguen aos xefes de Estado que permiten que isto pase”.BOVE VENCE SEIXO 1º MAIO

Miranda salientou que o BNG, integrado no Grupo Verdes/ALE, é a antítese do actual modelo europeo, antidemocrático e antisocial, e das políticas da Troika. “Nós representamos ao pobo galego, en particular aos 300.000 parados e paradas e aos 653.000 en risco de exclusión social”.

Aliado do agro galego

Nese combate en defensa de Galiza na Eurocámara, Miranda agradeceu contar con aliados coma “o compañeiro José Bové que entende moi ben o modelo da Europa do pobos e a nosa reivindicación de nación e, ademais, colaborou co BNG na defensa en acadar unha PAC adaptada o modelo agrogandeiro do país, compartindo demandas como a compensación para as explotacións leiteiras e rendas xustas para os produtores”.

“A súa presenza é unha chamada de atención contra a austeridade do modelo do PP que vai en contra dos dereitos das persoas, que crea paro, desigualdade e exclusión social”, subliñou Miranda, quen lembrou o combate compartido contra os lobbies de Bruxelas que defenden, no sector agrogandeiro, o actual candidato popular, Arias Cañete.

Intensa xornada de apoio

Pola súa parte, o portavoz nacional, Xavier Vence, valorou a capacidade do BNG para facer visible Galiza no mundo da reivindicación social e ecoloxista europeo, da man de referentes a nivel mundial como o líder altermundista.

Na intensa xornada de Bové en Galiza en apoio de Miranda empezou a primeira hora cunha visita a unha explotación cabalar ecoloxista na Estrada, seguida dunha comparececia ante os medios en Vigo, posterior participación na manifestación do 1º de Maio coa CIG, e encontro en Santiago con representantes do sector agrogandeiro, ecoloxista, militantes e simpatizantes.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG