Jorquera: "Que a Xustiza é igual para todos queda en entredito"

A Audiencia de Palma suspende a imputación da Infanta Cristina

O deputado nacionalista manifesta que a suspensión da imputación da Infanta Cristina e froito de "xestións feitas pola Casa Real"

O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera manifestou hoxe, en sede parlamentar que, “a suspensión da imputación da Infanta Cristina responde aos recursos presentados pola Fiscalía e o propio Secretario das Infantas, as xestión do Rei para que o avogado Miguel Roca asumira a defensa e a mobilización dos poderes do Estado e Casa Real para deixar sen efecto esta imputación”.

Respectando o principio de inocencia, afirmou, hai que indicar que a Infanta Cristina “participa do Instituto Nóos e das empresas do seu marido” polo que resulta "inverosímil" que non estivera informada das actividades “presuntamente lícitas” do seu marido.

Jorquera criticou que institucións como a Fiscalía, en vez de actuar para esclarecer a verdade parece que actúa en contra de coñecer “a verdade ata as últimas consecuencias”.

Para o parlamentario nacionalista, “o discurso do Rei queda en entredito” é demostra que a “Xustiza non é igual para todos”

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG