Jorquera revela que a Xunta non "fixo nada" por manter NCG Banco en Galiza

Francisco Jorquera mostra na Comisión de Economía a resposta do Goberno central ao BNG na que certifica que a Xunta "non realizou ningunha demanda" para manter territorializada en Galiza a NCG Banco

O portavoz do grupo nacionalista tamén  denunciou a perda da galeguidade dos Bancos Pastor, Gallego e Echeverría e alertou da posible venda do NCG Banco a Bankia

O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera formulou hoxe unha pregunta ao Goberno relativa á posición da Xunta de Galiza sobre o futuro de Novagalicia Banco.

Na súa intervención, o parlamentario leu unha resposta do Goberno central ao BNG que confirma a “inexistencia” de calquera demanda da Xunta de Galiza para contar cunha entidade financeira territorializada e contra a venda de Novacaixagalicia Banco.

Neste sentido, denunciou que o Partido popular esta “preparando o deseño” adecuado para que Bankia poida absorber a caixa galega e perder definitivamente a súa galeguidade como aconteceu xa cos bancos Pastor, Galllego e Echevearria.

Novacaixagalicia Banco en fase terminal

O deputado dixo que Novacaixagalicia Banco atopase nunha “situación terminal” pese a visión que o Goberno galego pretende proxectar publicamente.

Jorquera lembrou que o Partido popular gobernou “toda a vida en Galiza”, agás o breve período do bipartito, e ao final, dixo, vai resultar que o PP, “no seu afán de culpabilizar ao bipartito de todo o que acontece” tamén lle botará a culpa dos atentados de Boston, “vostedes, gobernaron toda a vida en Galiza”, repetiu e limitaron as competencias económicas en materia de caixas e tamén apoiaron “o proceso de bancarización no noso país.”

O nacionalista insistiu que foi o Partido popular o que apoiou a reforma da LORCA así como a maioría dos decretos de reestruturación bancaria durante “o período Zapatero”.

Jorquera asegurou que o proceder do Partido popular conleva “unha responsabilidade política” sobre o mantemento de Novagalicia Banco territorializada en Galiza da que algún día terá que dar explicacións.

O parlamentario recordou que a resposta do Goberno central ao BNG no Congreso dos deputados sobre as “nulas” xestión da Xunta para manter a caixa galega foi tamén transmitida ao propio presidente da Xunta nunha sesión plenaria pero “ naquel momento, afirmou Jorquera, o Presidente da Xunta non me rebateu”.

O portavoz do BNG no Parlamento galego avanzou que esta forza nacionalista continuará na senda de reclamar manter a caixa galega territorializada en Galiza e cunha función pública.

 

 

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG