Jorquera pide que dimita Paula Prado e que Feijóo depure responsabiliades

Declaracións de Francisco Jorquera sobre as novas revelacións da Operación Pokémon

O BNG, dixo, ten unha postura “clara e inequívoca”, ante casos de presunta corrupción, o cargo público debe dimitir

O portavoz do Grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera asegurou hoxe, en sede parlamentar e ante as novas revelacións da Operación Pokémon que “ cando existen evidencias de prácticas presuntamente corruptas, a depuración de responsabilidades debe estenderse a outros cargos políticos aínda que sobre eles non pese ningunha imputación”.

Declaracións de Francisco Jorquera sobre as novas revelacións da Operación Pokémon

O parlamentario do BNG aludiu as novas revelacións da Operación Pokémon que reflicten “graves irregularidades” da popular Paula Prado, “inflar facturas, privilexiar nos contratos públicos a empresas amigas, tentar colocar a persoas afíns” e conversas nas que afirma a respecto do Sr. Conde Roa, que todo o que fai “cheira a pelotazo”.

Esta situación, dixo, debe ser clarificada de inmediato porque afecta á Portavoz do Partido popular de Galiza, unha persoa da máxima confianza do Presidente da Xunta e do Partido popular de Galiza.

A preguntas dos xornalistas, Francisco Jorquera afirmou que Paula Prado debe dimitir e Núñez Feijóo ten a obriga ética e política de “demandar a súa dimisión”.

“Estamos a falar, engadiu, da persoa á que o Partido popular de Galiza confiou a coordinación da campaña das vindeiras eleccións europeas e ademais dunha persoa que non se caracteriza pola súa moderación e contención á hora de poñer en dúbida a honorabilidade doutras forzas políticas”.

As novas revelacións da Operación Pokémon esixen “unha explicación clara e contundente” e depurar as responsabilidades ás que haxa lugar e unha explicación tamén da persoa que a respaldou no Partido popular de Galiza, Alberto Núñez Feijóo.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG