Jorquera a Feijóo “ A súa submisión a Madrid sáelle moi cara a Galiza”

Jorquera formula a pregunta a Feijóo

O deputado acusou ao Presidente de non “ter ideas” contra as propostas da “Comisión de Sabios” nomeada polo Goberno español e que representan para Galiza, un “auténtico atraco fiscal”

Jorquera formula a pregunta a Feijóo

Pleno.- Na quenda de preguntas ao Presidente, Francisco Jorquera aludiu ao informe do Comité de Sabios do que dixo, representa “un auténtico atraco fiscal”, porque reducen os tramos altos do IRPF, benefician ás fortunas suprimindo o imposto de patrimonio e rebaixan o imposto de sociedades ás empresas, sexan Pemes ou multinacionais.

O nacionalista preguntou ao titular da Xunta que pensa facer para impedir que as novas propostas dese “comité de listillos” chuchen ao de abaixo subindo o IVE na cesta da compra, implantar novos copagos en sanidade e educación, anular o “noso autogoberno e atracar á nosa Facenda”.

No colmo do descaro, dixo, propoñen máis liberdade nas Comunidades Autónomas para saquear aos de abaixo incrementando os repagos nos servizos públicos e vostede, Sr. Feijóo, non ten nada que dicir?.

Para o deputado, as propostas representan un novo paso cara a esa “España Una, Grande y Libre” á que quere volver a levarnos o Sr. Rajoy.

Somos, explicou a comunidade coa maior porcentaxe de pensionistas do Estado español e coas pensión máis baixas, e a Comisión de sabios propón reducir as cotizacións empresariais á Seguridade social poñendo en perigo o sistema público de pensións e vostede, tampouco ten nada que dicir?.

Feijóo non se pronuncia sobre o modelo de financiamento

 

O nacionalista tamén preguntou sobre a postura que vai defender o Presidente da Xunta ante o novo debate do modelo de financiamento, vai defender, dixo algunha vez os intereses de Galiza ante o Goberno central?, porque a “ a súa submisión a Madrid sáelle moi cara a Galiza” e o seu goberno asinou unha reforma do sistema de financiación que provocou a perda de 1.000 millóns de euros.Feijóo responde a Jorquera

Vai permitir que se centralicen os impostos ou vai reclamar que Galiza recade e xestione o que tributamos porque os nosos impostos tamén emigran, Sr.Feijóo, recalcou o nacionalista.

“Opóñase ás propostas da comisión e defenda un novo modelo de financiamento para Galiza”, concluíu.

Pola súa parte, o Presidente da Xunta non respondeu ás preguntas do parlamentario do BNG e afirmou que Galiza, fronte a outras comunidades “está mellor que o ano pasado e peor que no 2015, ano no que se creará emprego neto”.

“Y que me importa a Comisión de Sabios”, dixo tras volver a desviar as respostas requiridas por Jorquera.

 

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG