Jorquera a Feijóo sobre o concello de Santiago: “E agora qué!”

O nacionalista acusa a Feijóo de ter esgotado os prazos para impedir a legal disolución da corporación e a convocatoria de novas eleccións como reclamaba o BNG

Comparecencia de Francisco Jorquera

O portavoz do Grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera avanzou hoxe, tras a Xunta de portavoces, que na vindeira sesión plenaria preguntará ao Presidente da Xunta se pensa asumir a súa responsabilidade ante a situación de Santiago de Compostela.

Antes de dar conta do resto dos asuntos que serán debatidos no próximo pleno, Jorquera lembrou que o BNG leva demandado dende hai moito tempo a “disolución da corporación e a convocatoria de novas eleccións” ante a crise de “lexitimidade” do Goberno municipal salpicado por diversos casos de corrupción.

“Inhibiuse de actuar ata esperar a que non houbese tempo material para disolver legalmente a corporación e convocar novas eleccións”, reprochou o parlamentario nacionalista, “Feijóo non ten palabra” e incumpriu o código ético do seu partido que determina a dimisión de un cargo público ao que se abra xuízo oral por presunto caso de corrupción. Na opinión do deputado, o Presidente da Xunta e tamén presidente do Partido Popular de Galiza “foi cómplice e encubridor “ da situación escandalosa do concello.

Debates previstos para o vindeiro pleno

Francisco Jorquera anunciou que o BNG tamén preguntará ao Goberno sobre a orde da Consellería de Educación relativa aos libros de texto, medida, ao seu xuízo, que atenta contra o principio de gratuidade do sistema educativo e resulta máis caro que o sistema de préstamo universal.

Francisco Jorquera

As obras na acrópole e castelo de Monterrei co fin de privatizar un monumento restaurado con fondos públicos e abrir un hotel de luxo, atrasos na tramitación das solicitudes do RISGA, demandas do persoal dos parques de bombeiros xestionados pola empresa NATUECNIA e a necesidade de formalizar o convenio colectivo, serán algúns dos debates tamén incluídos, a petición do BNG no pleno.

Por outra parte, o BNG solicitará ademais crear unha comisión de estudo para combater o fraude fiscal e apoiará a Iniciativa Lexislativa popular promovida pola CIG que recolle 100 medidas de creación de emprego en Galiza.

Finalmente, o portavoz nacionalista aludiu á denuncia dos grupos da oposición contra o “secuestro” ao que ten sometido o Partido popular a comisión de Investigación das Caixas e de Estudos da corrupción así como á negativa a constituír a comisión de Investigación do accidente de Angrois.

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG