Comunicado do BNG

Estamos contigo, Hadriana. Orgullosas e orgullosos da túa valentía

Estamos contigo
Estamos contigo

Ante o xuízo que se celebra o próximo 18 de setembro de 2024 nos xulgados de Compostela, desde a Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego queremos reiterar o noso apoio á compañeira Hadriana Ordóñez, así como o noso orgullo e agradecemento pola súa valentía. 

Hadriana Ordóñez emprendeu hai anos unha dura loita acudindo á xustiza para que se recoñezan e condenen as agresións sexuais que lle infrinxiu o seu tío cando era menor de idade. A de Hadriana é unha loita que non é só individual, senón tamén colectiva, por todas aquelas nenas e mulleres que sufriron, sofren e sufrirán violencia machista. Unha loita que atopa moitos obstáculos, como o dunha xustiza lenta e patriarcal que maioritariamente cuestiona as vítimas e incrementa o seu sufrimento.

Somos conscientes de que a violencia machista atravesa todos os espazos da vida, tamén o da participación e representación política. Aínda que o acusado non pertenza hoxe á nosa organización, é doloroso que representara o noso proxecto e este caso fai que nos reafirmemos na necesidade de traballar con intensidade para mellorar os recursos e medios para sensibilizar, previr e atender a violencia machista.

Desde o BNG animamos á cidadanía a acudir á concentración de apoio que convoca o feminismo galego o próximo mércores 18 ás 8:45 nos xulgados de Compostela.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG